A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino
lll
17º-23º

A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino

A Coruña acolle o Campionato de España de  Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino
Manuel Vázquez, Pablo Prieto e Juan Luis Villamisar, na cidade deportiva de A Torre CONCELLO DE A CORUÑA

Usuario

A Coruña será a sede principal do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino entre este venres 7 e o domingo 9 de febreiro. 

 

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu esta mañá a Pablo Prieto, novo presidente da Federación Galega de Fútbol, que estivo acompañado de Juan Luis Villamisar, vicepresidente da FGF. 

 

O campionato reunirá a máis de 1.000 persoas entre xogadores, técnicos, árbitros e voluntarios. Este xoves comezará a chegada dos diferentes equipos autonómicos á cidade. “Este campionato, ademais da súa importancia a nivel competitivo, suporá un grande impacto económico para a cidade polo gran desprazamento de persoas durante a fin de semana”, indicou Manuel Vázquez. Segundo as estimacións da RFEF, máis de 3.000 persoas visitarán A Coruña con motivo deste campionato, contando a familiares e representantes de clubs de todo o país. 

 

“Desde o Goberno de Inés Rey seguimos traballando para que a nosa cidade acolla grandes eventos nacionais a nivel deportivo, grazas a unha extensa e coidada rede de infraestruturas que non para de medrar e mellorar”, sinalou Manuel Vázquez. 

 

Do venres ao domingo disputaranse as tres xornadas da fase de clasificación deste torneo, nas categorías Ouro e Prata. O principal escenario será a Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias, mais tamén se disputarán partidos en campos de fútbol de concellos da área de influencia coruñesa, como Arteixo, A Laracha, Culleredo ou Miño.

A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino

Te puede interesar