Adxudicadas a obras para o novo campo de fútbol de Eirís
lll
17º-23º

Adxudicadas a obras para o novo campo de fútbol de Eirís

Adxudicadas a obras para o novo campo de fútbol de Eirís
O nuevo campo de Eirís estará situado no mismo sitio que o anterior, que era de area | ac

Usuario

O Concello da Coruña ten previsto adxudicarlle á empresa Construcciones López Cao os traballos para executar o novo campo de fútbol de herba artificial de Eirís, cun investimento de 2.012.000 euros.


A proposta de Construcciones López Cao, que será elevada á Xunta de Goberno Local, foi a mellor valorada pola Mesa de Contratación. A nova proposta de adxudicación chega despois de resolver o contrato coa anterior adxudicataria, á que se lle impuxeron penalidades por non executar os traballos encomendados e se acordou a incautación da garantía presentada no seu momento pola empresa, 44.500 euros. Este trámite foi preciso para poder sacar de novo a licitación o campo de fútbol de Eirís.


Neste sentido, e tras aprobarse a resolución do contrato en vigor, na Xunta de Goberno Local realizada o pasado 26 de setembro autorizouse a licitación das obras do campo de fútbol, que tamén abranguen o acondicionamento dos vestiarios e o peche perimetral do recinto. O prazo de execución dos traballos de construción, desde a súa posta en marcha, será de oito meses.


A inminente adxudicación para construír o campo permitirá que o novo recinto deportivo estea operativo no primeiro semestre do ano próximo. As obras do campo de fútbol de Eirís atravesaron por diversas vicisitudes que impediron a súa posta en marcha ata o momento, pero finalmente o executivo de Inés Rey completou os trámites para que os traballos poidan estar en marcha durante o actual mandato. 

Adxudicadas a obras para o novo campo de fútbol de Eirís

Te puede interesar