As instalacións do Sporting Club Casino acollerán mañán e o domingo a XXXIII edición do Torneo Universitario.
A competición coincidirá coa celebración dos torneos provinciais de varias das categorías de base.
Durante os dous días de torneo disputaranse seis partidas de xadrez, tres o sábado e tres o domingo. Cada participante terá trinta minutos para xogar. O vencedor recibirá un trofeo e tamén terá trofeo o ‘Mellor Universitario’, xa que pode participar calquera interesado en facelo que non sexa universitario pero que estea federado neste deporte.
A competición terá os seguintes horarios: 16.00, 17.30 e 19.00 horas, tanto na xornada de mañán coma na do domingo. A participación é completamente gratuíta.
Mais información sobre o certamen na páxina web www.xadrezuniversitario.org .