Sobrepeso e obesidade, consecuencias da pandemia
lll
17º-23º

Sobrepeso e obesidade, consecuencias da pandemia

Sobrepeso e obesidade, consecuencias da pandemia
O traballo foi publicado na revista ‘International Journal of Environmental Research and Public Health’ | xg

Usuario

A Xunta e a Fundación Deporte Galego veñen de desenvolver o estudo ‘Comparación de perfís de aptitude física obtidos antes e durante a pandemia Covid-19 en dúas grandes mostras independentes de nenos e adolescentes: Proxecto DAFIS’ da man da Cátedra SXD-Galicia Activa da Universidade da Coruña. Os resultados do estudo poderían ser de interese para deseñar intervencións específicas orientadas a contrarrestar os efectos negativos das restricións da pandemia sobre a condición física relacionada coa saúde nos escolares galegos.


Neste traballo, publicado nunha revista científica de alto impacto -’International Journal of Environmental Research and Public Health’-, analizouse como as restricións da pandemia da Covid-19 puideron afectar o perfil de condición física de nenos e adolescentes galegos a través da plataforma DAFIS (Datos de Actividade Física Saudable) da Xunta de Galicia. Para iso, contrastáronse os datos de composición corporal e aptitude física rexistrados na plataforma DAFIS antes (15.287 casos) e durante o primeiro ano académico da pandemia Covid-19 (2.101 casos).


Composición corporal

Os resultados indican que, durante o primeiro curso escolar tras declararse a pandemia, rexistrouse unha composición corporal menos saudable nos escolares galegos. A prevalencia do sobrepeso e obesidade na mostra avaliada durante o primeiro ano de pandemia era superior respecto a cursos precedentes tanto en nenos como en nenas.


Este efecto negativo da pandemia foi máis claro no caso dos mozos, onde varios indicadores de composición corporal (o índice de masa corporal, o perímetro da cintura e a relación entre a cintura-cadeira e entre cintura-altura) foron superiores na mostra avaliada durante o primeiro curso pandémico. Doutra banda, no referido á aptitude física, o compoñente muscular (avaliado mediante a prensión manual, o salto a pés xuntos e a axilidade) resultou inferior nas mozas avaliadas durante o curso pandémico. Por contra, a aptitude cardiorrespiratoria foi similar nas mostras avaliadas antes e durante o período pandémico.

Sobrepeso e obesidade, consecuencias da pandemia

Te puede interesar