Sen novas oficiais da C42 e do Coruña Big Waves
lll
17º-23º

Sen novas oficiais da C42 e do Coruña Big Waves

Sen novas oficiais da C42  e do Coruña Big Waves
Mónica Martínez, con presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, na presentación la Martán Atlántica C42 do ano 2022 | AEC

Usuario

Por primeira vez na historia, en febreiro pasado celebrouse o Coruña Big Waves, unha proba internacional de ondas grandes que causou un enorme impacto na comunidade surfista.


A exconcelleira de Deportes, Mónica Martínez, teme pola continuidade da proba, e de outras, de cara ao ano 2023, ao no existir un calendario oficial do Concello. 


Martínez fixo varias preguntas ao respecto a Goberno Municipal no Pleno de onte. A máis importante, “¿Cal é o plan do Goberno para os eventos deportivos deste 2023? Como coruñesa e como amante do deporte, desexo que non falten en 2023 dous grandes eventos que fan cidade e que nos permiten presumir da Coruña”.


Un deles e o mencionado Coruña Big Waves, ademáis dunha das carreiras de maior relevancia na cidade, a Maratón Atlántica C42. 


“En 2021 plantexamos a posibilidade de recuperar unha proba que levaba tres anos sen celebrarse. Poñendo sobre a mesa os pros e os contras, o SÍ da alcaldesa foi contundente. Puxémonos a traballar no reto de recuperar a maratón coa idea de convertila de novo nun dos principais de España; xa no seu momento foi Campionato de España e chegou a figurar en cuarto lugar de calidade (únicamente por detrás das de Valencia, Barcelona e Madrid)”, dixo a exconcelleira.


“Estivemos en moitas feiras, promocionando a cidade para poñela de novo no mapa de carreiras. A última foi a de Málaga, en decembro, con inscripción aberta para a proba da Coruña o 8 de otubro de 2023. De feito hai xa corredores inscritos de diversas localidades de España e doutros países. Pero nestes momentos é imposible inscribirse sen que ninguén dera unha explicación”, engadiu Mónica Mártinez. A pelota queda no tellado do Goberno Municipal. 
 

Sen novas oficiais da C42 e do Coruña Big Waves

Te puede interesar