Andrés Calvete (Peña Ciclista Monte Xalo) proclamouse pasado campión galego na categoría de Master 40, título que suma ao acadado 8 días diante, en Culleredo, onde conquistaba a xeral definitiva da Copa Galicia.
Andrés estará coa selección galega para formar parte da remuda e en competición individual M40, no Campionato de España que se celebrará en Vic do 13 ao 15 deste mes.