Recoñecemento para o SAL
lll
17º-23º

Recoñecemento para o SAL

O alcalde da Laracha, José Luis López Varela, recibiu na Casa da Cultura a unha ampla representación desta entidade deportiva | cl

Usuario

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, recibiu na Casa da Cultura ao equipo directivo, persoal técnico e deportistas máis destacados do Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) en recoñecemento aos excelentes resultados obtidos nos últimos campionatos de ámbito autonómico e estatal.


Como resultados máis destacados, o SAL tivo catro representantes nos Campionatos de España Xuvenil, Júnior e Absoluto de distancias curtas celebrados en decembro en Valladolid, nos que Noelia Loureiro foi campioa e logrou o récord nacional en 50 metros socorrista, e Pablo Amado, Álvaro Hidalgo e Anxo López melloraron as súas marcas persoais.


No Campionato Galego Xuvenil, Júnior e Absoluto celebrado en Ourense os días 19 e 20 de marzo, os deportistas máis destacados foron en categoría xuvenil Anxo López (2 campionatos, 2 subcampionatos, 1 terceiro posto e un récord galego en 200 metros supersocorrista), Álvaro Hidalgo (1 subcampionato) e Nerea Mallo (1 subcampionato e 1 terceiro posto); en categoría júnior, Pablo Amado (2 subcampionatos); e en categoría absoluta, Noelia Loureiro (1 campionato e 4 subcampionatos) e Borja Díez (1 subcampionato e 1 terceiro posto).


Ademais, nos relevos, o xuvenil masculino proclamouse campión galego en lanzamento de corda e obtivo o terceiro posto en 4x50 natación con obstáculos. As representantes do xuvenil feminino quedaron subcampioas en lanzamento de corda e terceiras en 4x50 combinado. O equipo absoluto masculino foi campión en lanzamento de corda e terceiros en 4x50 combinado.


No Campionato Galego infantil e cadete celebrado o 13 de marzo en Caldas de Reis, o SAL foi subcampión na categoría Xeral cadete, subcampión en infantil feminino e terceiro clasificado tanto en cadete feminino como en masculino.


En individual

Como actuacións individuais destacaron os cadetes Juan Martín Rodríguez (2 campionatos, 1 subcampionato e 1 terceiro posto), Luis Negreira (1 campionato e 2 terceiros postos) e Lucía Añón (3 terceiros postos). En infantís os mellores resultados foron os subcampionatos tanto de Gisela Becerra como de Pedro Caamaño.


Por último, no Campionato Galego alevín celebrado en Cerceda o 5 de marzo, o equipo masculino proclamouse campión de Galicia e terceiro mellor club galego na clasificación Xeral, con dous campionatos e un subcampionato nas probas de relevos. O equipo feminino quedou cuarto nas tres probas e o equipo mixto logrou un subcampionato. A título individual, salientar os subcampionatos de Simón Caamaño e de Hugo Ferreño.

Recoñecemento para o SAL

Te puede interesar