Lete lémbrase do Sal Lence
lll
17º-23º

Lete lémbrase do Sal Lence

Lete lémbrase do Sal Lence
A actividade ten lugar en Santiago | xg

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no acto de presentación do I Congreso Internacional ‘O Camiño do Futsal’. 
 

Alí, o mandatario galego falou da importancia de Galicia no fútbol sala destacando a dous equipos femininos que fixeron historia. O primeiro deles, hai aproximadamente corenta anos, o Sal Lence, impresionou a todo o mundo deportivo ao gañar en catro anos tres Ligas e dúas Copas de España e abrindo camiño para que outros equipos, coma o Burela fixeran tamén historia máis tarde. Precisamente o equipo da Mariña lucense foi catalogado nas dúas últimas entregas dos Futsal Planet Awards como o mellor equipo de fútbol sala feminino do mundo.
 

O secretario xeral destacou ademais a capacidade do fútbol para repoñerse despois da pandemia da Covid-19, superando rexistros de antes da pandemia e case alcanzando as cen mil licencias federativas na nosa comunidade (o 17% delas en fútbol sala). Do mesmo xeito, agradeceu ás federacións e á Xunta de Galicia o feito de poder celebrar un evento desta magnitude en Santiago e augurando unha exitosa celebración do mesmo, como ocorreu o pasado 12 e 13 de novembro de 2021 co congreso internacional ‘O Camiño do Fútbol’.
 

O ‘Camiño do Futsal’ ten lugar no auditorio do edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Santiago, e reúne adestradores, seleccionadores, preparadores físicos, directores deportivos, ex xogadores, árbitros e psicólogos deportivos do máis alto nivel nacional e internacional. 
 

Polo congreso organizado polas Federacións Española e Galega pasarán nomes como o do seleccionador nacional Federico Vidal ou o do ex xogador Paulo Roberto.

Lete lémbrase do Sal Lence

Te puede interesar