O Día do Deporte na Cidade volta hoxe ás rúas
lll
17º-23º

O Día do Deporte na Cidade volta hoxe ás rúas

O Día do Deporte na Cidade volta hoxe ás rúas
A praza de Tabacos, na contorna da Palloza, é unha das zonas onde haberá numerosas actividades deportivas | Quintana

Usuario

A Coruña vivirá hoxe unha nova edición do Día do Deporte na Cidade, unha cita tradicional do calendario do verán que, neste 2022, asenta a aposta por un modelo integrador, cunha maior presencia nos barrios.


Haberá un total de 68 actividades,  en cinco zonas: a pista deportiva de Durmideiras; os xardíns de Méndez Núñez; a Cidade Deportiva de Riazor; a praza de Tabacos, na contorna da Palloza; e a praia de Oza. Será en horario de mañá (11.00 a 14.00 horas), e de tarde (16.00 a 19.00), coa participación de máis de 70 entidades deportivas e sociais da nosa cidade e contorna.


Desta forma, a cidadanía poderá gozar coa práctica de múltiples disciplinas como fútbol, baloncesto, bádminton, ximnasia artística, taekwondo, escalada, boxeo e windsurf, entre moitas outras.


O obxectivo é achegar á poboación a actividade física e o exercicio, como instrumento fundamental para manter a saúde, a cohesión social e a adquisición de valores, contando coa colaboración das entidades do tecido deportivo coruñés.


Toda a información sobre a xornada de actividades polo Día do Deporte na Cidade, así como a normativa para a participación nas actividades, pódese consultar na web específica do servizo municipal de Deportes.


O Día do Deporte ba Cidade supón o punto de partida da programación de actividades deportivas municipais para a tempada estival, que seguirá co ‘Coruña en Forma’, unha iniciativa orientada a animar, motivar e formar ás persoas participantes para a realización de exercicio físico diario e, ademais, a favorecer as súas relacións sociais. Estará aberto a toda a cidadanía, dará comenzo o primiro día do vindeiro mes de 1 de xullo e rematará o 18 de setembro. l

O Día do Deporte na Cidade volta hoxe ás rúas

Te puede interesar