lll

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Menú
El Ideal Gallego Diario de Ferrol Diario de Arousa
YouTube Twitter Newsletter Instagram Facebook

Crear emprego e mellorar a saúde, metas da Xunta e do Clúster

Na imaxe, a xuntanza de hoxe | x.g.
|

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo unha xuntanza de traballo cunha representación do Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar encabezada pola súa xerente, a campioa olímpica, Sofía Toro, que estivo acompañada polo membro da directiva e CEO de Jim Sports, José Manuel Graña.


Na xuntanza, ambas institucións exploraron as posibles vías de colaboración de cara a 2022 e os vindeiros exercicios para acadar a importancia que o sector deportivo merece tanto na economía como na sociedade galega.


Os obxectivos da Xunta e do Cluster oriéntanse cara uns beneficios a nivel de emprego e creación de riqueza que repercutan na mellora da saúde física e mental da poboación da comunidade.


Deste xeito, un dos seguintes retos para Galicia será a segunda edición do encontro Interclústeres, que tivo o pasado mes de novembro a súa primeira edición en Extremadura, e para a que a comunidade Galicia foi proposta polo Clúster como sede.


Importante fito

A constitución do Clúster en 2021 significa un importante fito de cara a profesionalización da entidade. Nas verbas do mandatario galego, “estamos no momento axeitado para reivindicar a industria do deporte e para sacar peito da nosa fortaleza, pois o deporte galego ten un importante peso na economía galega e estamos ante o momento de visibilizalo”.


Os obxectivos fundamentais do Clúster son impulsar a posta en marcha de servizos innovadores, de calidade e sostibles; deseñar grandes proxectos sectoriais; fomentar a transferencia de coñecemento; propiciar a colaboración público-privada e a posta en marcha de instrumentos de financiamento; crear postos de traballo; fomentar a captación de investimentos; favorecer a internacionalización; proporcionar recursos, formación e asesoramento: así como fomentar hábitos saudables.


O deporte galego representa o 2,5% do PIB de Galicia, cun volume anual de negocio que ronda os 1.600 millóns, e que e que xera arredor de 12.000 postos de traballo.

Crear emprego e mellorar a saúde, metas da Xunta e do Clúster