Compostela, Fibra, Cambre e Ferrolterra foron os mellores
lll
17º-23º

Compostela, Fibra, Cambre e Ferrolterra foron os mellores

Compostela, Fibra, Cambre e Ferrolterra foron os mellores
Os representantes do Fibra |aec

Usuario

Máis de 500 judokas participaron en Fene na segunda xornada da Liga Galicia Rías Altas, nas categorías cadete, infantil e alevín, e nunha nova xornada de Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), actividades que se complementaron cunha charla sobre as novas normas de arbitraxe en judo e cunha master class, dirixida polo deportista olímpico Roberto Naveira.

As xornadas de judo comezaron coa segunda sesión da Liga Galicia Rías Altas, que concluiu coa seguinte clasificación final por equipos: 1º Compostela Judo Club, 2º Ximnasio Fibra, 3º JC Cambre e 4º AD Ferrolterra.

Ao remate da competición, judocas, adestradores e árbitros asistentes, participaron nunha charla sobre arbitraxe, con Jaime Roque, Director de Arbitraxe da Federación Galega de Judo. Nela, déronse a coñecer as modificaciones existentes no regulamento de competición de judo.

O programa continuou cunha Master Class, dirixida polo deportista olímpico e director técnico da Federación Galega Roberto Naveira, á que asistiron perto dun cento de judocas de diferentes categorias.

Para finalizar as xornadas de judo, foi o turno para o Xogade na zona de Ferrolterra e Lugo, coa participación tamén dun club de Santiago. Nela, xuntáronse ao redor de 250 mozos e mozas judocas, para gozar dunha xornada lúdica de judo na que o de menos é o resultado competitivo acadado. 

Compostela, Fibra, Cambre e Ferrolterra foron os mellores

Te puede interesar