Carlos Arévalo e Paula Otero, os mellores do ano pasado
lll
17º-23º

Carlos Arévalo e Paula Otero, os mellores do ano pasado

Carlos Arévalo e Paula Otero, os mellores do ano pasado

Usuario

O Teatro Colón acolleu onte a gala de entrega dos I Premios do Deporte da Deputación da Coruña, nos que a institución distingue ás persoas e entidades que destacan pola súa traxectoria deportiva, logros ou contribución ao fomento da práctica deportiva. 


Un total de 14 premios outorgáronse durante o evento que congregou a numerosas personalidades do mundo do deporte e a centos de representantes dos clubs deportivos da provincia.


O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, comezou a súa intervención cun emotivo recordo a Pablo Aguirregabiria, entrenador do OAR Coruña de balonmán, que perdeu a vida esta semana nun accidente de tráfico.  


Formoso  felicitou aos premiados e agradeceulles o seu esforzo diario e dedicación “como un exemplo a seguir.Sodes os protagonistas destes galardóns que vos distinguen publicamente pola vosa traxectoria deportiva, pero tamén son un recoñecemento ao voso esforzo e aos valores que transmitides á sociedade”.
O presidente destacou o gran nivel dos deportistas coruñeses, que se sitúan á vangarda do deporte galego “o que supón un orgullo”.


Na gala premiouse ao padexeiro Carlos Arévalo como mellor deportista masculino e a nadadora Paula Otero, como mellor deportista feminina.


En veteráns foi galardoada a triatleta Purificación López. O tamén triatleta Damián Suárez e a haltera Paula Canedo recibieron os premios ás mellores promesas. Os nadadores Jacobo Garrido e Almudena Quereda foron distinguidos como mellores deportistas con diversidade funcional. O premio de mellor adestrado recaeu en Moncho Fernández (Obradoiro) e o de mellor ábitro en Paula Lema (baloncesto). Isidoro Hornillos,  presidente da Federación Galega de Atletismo, foi premiado por unha vida adicada ao deporte.


Tamén houbo Mencións Especiais para Noa Romero (taekwondo), Jacobo Copa (hockey a patíns), Lucas Yáñez (patinaxe) e Miguel Alvariño (tiro con arco). 

Carlos Arévalo e Paula Otero, os mellores do ano pasado

Te puede interesar