C42 | Volta a maratón tras tres anos de ausencia
lll
17º-23º

C42 | Volta a maratón tras tres anos de ausencia

C42 | Volta a maratón tras  tres anos de ausencia
Isidoro Hornillos, presidente da Federación Galega de Atletismo, e Mónica martínez, concelleira de Deportes de A Coruña, presentaron en María a Maratón Atlántica C42 | aec

Usuario

Este outono regresará a Maratón Atlántica C42 á cidade tras unha ausencia de máis de tres anos. O 2 de outubro celebrarase esta proba de gran tradición, que está considerada unha das mellores do territorio nacional e que este ano será competición de maratón individual e de clubs.


Hoxe presentouse a nova edición, que aspira a consolidar a categoría da carreira e atraer cada vez a máis atletas de gran nivel nacional einternacional. No acto estivo presente a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, que estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos.


Tras o último maratón, celebrado en abril do 2019, a proba estréase no outono co obxectivo de atraer un maior número de corredores ao resultar unha data máis propicia pola climatoloxía para afrontar a carreira.


O percorrido desta edición evolucionou con respecto ás anteriores, atravesando zonas máis planas e céntricas da cidade e procurando non só o rendemento deportivo, senón tamén a visibilidade da cidade e os seus principais lugares de interese. Martínez lembrou que A Coruña é unha das poucas cidades que conta con carreiras de 10 K, medio maratón e maratón organizados polo concello. “A Coruña fai un gran esforzo organizativo para integrar un evento destas características na cidade, facendo un uso dos espazos compatible coa actividade cidadá”, dixo a concelleira.


O prazo de inscrición ordinario na web www.carreirasgalegas.com está aberto ata o domingo 18 de setembro ás 23.59 horas e o extraordinario, desde o luns 19 de setembro ao domingo 25 dese mes, unha semana antes da carreira, tamén ás 23.59 horas.


O percorrido contará con abundantes rectas e xiros naturais en glorietas. A saída estará na Marina e a meta na praza de María Pita. 

C42 | Volta a maratón tras tres anos de ausencia

Te puede interesar