Revés pola mínima de Galicia sub-16 ante a Comunidade Valenciana
lll
17º-23º

Revés pola mínima de Galicia sub-16 ante a Comunidade Valenciana

Revés pola mínima de Galicia sub-16 ante a Comunidade Valenciana
_V0R9052_19134871

Usuario

Arrincou a terceira e última xornada da primera fase do Campionato de Seleccións Autonómicas no que compite Galicia co partido dos cadetes ante o combinado da Comunidade Valenciana. 

Galicia apostou claramente pola contra para evitar riscos e os valencianos fixéronse co control do xogo. Brais evitou o gol visitante no minuto 9 cunha boa intervención, pero non puido evitar o gol de Alejandro Jiménez no 19. Centro bombeado sin aparente perigo, cabezazo de Jiménez, o balón bota diante de Brais e este non é capaz de desvialo o suficiente. Un gol que resultaría definitivo.

O conxunto que dirixe Roberto Álvarez apenas creou perigo nos primeiros 40 minutos. Unha falta directa de Hugo Novoa e unha internada de Axel, as dúas xogadas sin perigo real de gol, foron as únicas accións de mérito diante da portería valenciana.

Melloraron os de Roberto Álvarez despois do descanso, con maior presenza en campo contrario e o partido equilibrouse. Pero o certo é que houbo máis achegamentos ó área que ocasións claras. Un tiro lonxano de Novoa e un remate de cabeza á saída dun córner foron as máis claras. Pero Galicia era un equipo distinto, competíndolle o partido a un equipo valenciano que demostrou o seu potencial e que mantivo a vantaxe no marcador sen demasiados atrancos.

Con este 1-2 en contra, o equipo de Roberto Álvarez remata a primeira fase do Campionato de Seleccións Autonómicas con tres puntos tras gañar o pasado xoves a Estremadura e perder onte pola mínima ante a Comunidade Valenciana, ambos partidos pola mínima.

Revés pola mínima de Galicia sub-16 ante a Comunidade Valenciana

Te puede interesar