Explicación presencial do formato, con pelos e señais
lll
17º-23º

Explicación presencial do formato, con pelos e señais

Explicación presencial do formato, con pelos e señais
deporte campeón-2020-09-17-018-97fa944f

Usuario

Representantes dos 24 clubs do grupo 1 de Terceira División asistiron a unha reunión na que os responsables da Real Federación Galega de Fútbol explicaron con todo detalle as novidades do formato competicional da tempada 2012/21, que terá unha primeira fase con 12 equipos en cada grupo (A e B), cunha segunda fase con liga polo ascenso directo, outra liga de promoción de ascenso e unha terceira de permanencia e descenso. A terceira fase reunirá a seis equipos que, en formato de eliminatoria, pelexarán por o terceiro posto de ascenso a Segunda División B.

O encontro, que estivo presidido por Rafael Louzán, presidente da RFGF, serviu para que os representantes dos clubs coñecesen de novo e de primeira man o novo formato de competición e as modificacións regulamentarias que se estipularon de fronte ao próximo curso.

deporte campeón-2020-09-17-018-97f97582

Un total de 24 equipos divididos en dous subgrupos de 12 equipos cada un competirán a partir do próximo 18 de outubro na Terceira División. O campionato terá 3 fases: unha fase regular, unha específica e os playoffs de ascenso.

A sede da RFGF en Santiago de Compostela albergou este martes unha reunión presencial á que asistiron todos os clubs (24) que a próxima tempada 2020/2021 competirán no grupo galego da Terceira División. O encontro, que estivo presidido por Rafael Louzán, presidente da RFGF, serviu para que os representantes dos clubs coñecesen de novo e de primeira man o novo formato de competición e as modificacións regulamentarias que se estipularon de fronte ao próximo curso.

Antes de que o director deportivo da Federación, Manu Fernández, tomase a palabra para expoñer con detalle o novo formato de competición, o presidente Louzán deu a benvida aos directivos dos 24 equipos galegos que militarán na Terceira División.deporte campeón-2020-09-17-018-97fa2097

Na primeira fase, no subgrupo A xogarán os equipos das provincias de A Coruña e Lugo (Fabril, Silva, Paiosaco, Bergantiños, Fisterra, Estudiantil, Arzúa, As Pontes, Somozas, Viveiro, Villalbés, Polvorín), mentres que no B os clubes de Ourense e Pontevedra (Ourense CF, Barco, UD Ourense, Arenteiro, Atios, Pontellas, Rápido, Choco, Alondras, Ribadumia, Arosa, Estradense). O sistema de competición será de todos contra todos en cada subgrupo ou, o que é o mesmo, unha liga de 22 xornadas en cada zona a dobre volta.

A primeira fase da Terceira División (subgrupos norte e sur) dará comezo o 18 de outubro e finalizará o 21 de marzo. Serán un total de 22 xornadas e cando os equipos dos dous subgrupos se repartan nas tres ligas que dan continuidade á competición: fase de ascenso directo, fase de promoción de ascenso e fase de permanencia/descenso. A segunda fase dará comezo o 4 de abril e rematará o 9 de maio para as ligas de ascenso directo e de promoción de ascenso (6 xornadas). Por outra banda, serán 12 xornadas para a liga de permanencia, que rematará o 20 de xuño. A terceira fase –eliminatorias de ascenso dos dous mellores da liga de promoción e os catro últimos da liga de ascenso directo–, do 16 ao 23 de maio, ando se coñocerá, despois de eliminatorias a partido único xogando como local o mellor clasificado, o terceiro equipo que ascenderá.

deporte campeón-2020-09-17-018-97fa6792

 

Explicación presencial do formato, con pelos e señais

Te puede interesar