Derrota por 0-2 da sub-18 ante os valencianos
lll
17º-23º

Derrota por 0-2 da sub-18 ante os valencianos

Derrota por 0-2 da  sub-18 ante os valencianos

Usuario

Moi bo partido da selección galega xuvenil ante o vixente campión de España. O equipo dirixido por Jesús López competiu o partido de maneira extraordinaria e se ben é certo que non creou ocasións claras de gol, tampouco mereceu perder porque aguantou perfectamente o tipo a un rival claramente candidato a revalidar o título nacional. O resultado final de 0-2 para o combinado da Comunidade Valenciana foi demasiado abultado para o qu se viu no encontro.
Foi un partido físico e parado, con alta intensidade pero sen continuidade no xogo. Galicia saiu con atrevimento, sen contemplacións. Iker Losada deu un susto que só quedou en iso logo dunha entrada dun adversario. O tempo avanzaba sen ocasións de gol e chegouse ó intermedio co empate a ceros inicial e con moitísima igualdade.

Saiu mellor Valencia na segunda metade. Disposta a acabar co encontro. Con Baena e Yeremy creando perigo e demostrando ser dous futbolistas a ter moi en conta nun futuro cercano. Eles foron os que tiveron as primeira ocasións. E cando Galicia parecía que se sacudía ese dominio chegou o primeiro gol. Gran acción de Baena pola dereita, centro perfecto e remate afortunado de Fermín, que marca case sen querer. Un gol que fixo dano ós galegos, aínda que foron en busca do empate pero sin chegar a crear ocasións claras de perigo.

Sentenza
E os valencianos sentenciaron unha contra xa nos últimos instantes. O balón chegoulle a Baena, que entrou por dereita e marcou de tiro cruzado. l

Derrota por 0-2 da sub-18 ante os valencianos

Te puede interesar