Galicia, na liña de saída para acoller máis eventos internacionais
lll
17º-23º

Galicia, na liña de saída para acoller máis eventos internacionais

Galicia, na liña de saída para acoller máis eventos internacionais
O Europeo de hockei foi un dos acontecementos de 2018 | pedro puig

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou en Fitur un acordo de colaboración coa Asociación del Deporte Español (ADESP), para o fomento do deporte e o turismo deportivo en Galicia a través da Oficina de Desarrollo Internacional del Deporte Español, recollida baixo a marca ‘Spain Sports Global’ que ten como eixo principal de actuación a captación de eventos internacionais.


Lete Lasa fixo un percorrido polos grandes eventos deportivos que acolleu Galicia como a Copa do Mundo de Fútbol de 1982 en Vigo e A Coruña, o Mundobasket en Ferrol en 1986 ou a Volta ao Mundo Volvo Ocean Race que saíu desde Vigo en 2005. Tamén destacou grandes eventos celebrados en 2018 como o Europeo de hockei patíns (A Coruña), o Europeo de J70 (Vigo) ou o Mundial Cadete de xadrez (Santiago) e adiantou algúns dos grandes acontecementos deportivos que terán lugar en 2019 como o Europeo Junior de Loitas Olímpicas (Pontevedra), o Mundial Junior de Balonmán (Vigo y Pontevedra) e os Campionatos do Mundo de Multideporte (Pontevedra).

Galicia, na liña de saída para acoller máis eventos internacionais

Te puede interesar