Lunes 25.06.2018

HÓCKEY PATÍNS | EUROPEO

O Concello acolleu a presentación da gran cita do mes de xullo

 

A Coruña será a sede, por primeira vez, do Campionato de
Europa masculino de hóckey patíns. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento,

 

A Coruña vivirá o seu primeiro Campionato de Europa masculina entre os días 14 e 22 do vindeiro mes  | aec
A Coruña vivirá o seu primeiro Campionato de Europa masculina entre os días 14 e 22 do vindeiro mes | aec
O Concello acolleu a presentación da gran cita do mes de xullo

A Coruña será a sede, por primeira vez, do Campionato de
Europa masculino de hóckey patíns. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento,


José Manuel Sande, presentou onte a competición, que se celebrará no Pazo dos Deportes de Riazor entre o 14 e o 22 de xullo.

Segundo o concelleiro, este evento supón “unha ocasión absolutamente fascinante para revitalizar o público deste deporte na cidade. O hóckey conta cunha importante presenza en A Coruña, con distintos clubs de base así como as diferentes categorías, por exemplo, do Liceo”.

“A competición que hoxe presentamos é unha oportunidade, un estímulo para devolver ao deporte do patín, e en concreto ao hóckey, ao primeiro plano”, sinalou o edil, quen fixo tamén referencia á vertente turística do evento, “xa que reforzará unha época previa ás Festas de María coa chegada de afeccionadas e afeccionados á nosa cidade”.

Once seleccións
Participarán 11 seleccións nacionais: Portugal, Suiza, Francia, Austria e Andorra (grupo A) e Italia, España, Alemania, Inglaterra, Bélxica e Holanda (grupo B). Realizarase unha primeira fase, do 14 ao 19 de xullo, na que se disputará unha liga da que sairán clasificados os primeiros catro equipos de cada grupo, de cara a competir nos cuartos de final, que se celebrarán o 20 de xullo


Neste punto, cruzaranse as seleccións de ambos grupos, encontros dos que sairán as semifinalistas, que se enfrontarán o 21. O domingo 22 disputaranse o terceiro e cuarto posto, ás 17.00 horas, e o encontro polo título, prevista paras as 19.30s.


As entradas xa se poden adquirir a través tanto da plataforma www.ataquilla.com como de www.fep.es, e dividiranse en dous tramos: senior (maiores de 12 anos) e junior (menores de 12 anos). O prezo dos abonos na fase inicial, que inclúe todos os partidos, será de 60 euros, agás no caso das e dos menores de 12 anos, que poderán obtelo por 30 euros. As entradas por día serán de 10 e 5 euros para senior e junior, respectivamente. Na fase final, variarán o seu prezo en función do partido, e serán válidas para todo o día. Así, para cuartos de final, serán de 10 e 5 euros, para as semifinais, de 25 e 12; e para o último día, 30 e 15.

A presentación contou coa presenza do presidente do Comité Europeo de Hóckey sobre Patíns, Fernando Graça, do presidente da Real Federación Española de Patinaje (RFEP), Carmelo Paniagua, ademais do presidente da Federación Galega de Patinaxe, Vicente Torres.


Más información sobre esta importante competición en www.fep.es e en www.cers-rinkhockey.eu.

O Concello acolleu a presentación da gran cita do mes de xullo