Cita co Campionato Español de Tríatlon distancia olímpica
lll
17º-23º

Cita co Campionato Español de Tríatlon distancia olímpica

Cita co Campionato Español de Tríatlon distancia olímpica
Deporte Campeón-2019-09-28-032-73853f57

Usuario

O concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego, xunto ao presidente da Federación Galega de Tríatlon, Gonzalo Triunfo, e ao director de competicións da Federación Española de Tríatlon, Jorge García, presentaron en María Pita o Campionato de España de Tríatlon distancia olímpica que se disputará esta fin de semana na cidade e no que participarán case un milleiro de deportistas. Para o edil de Deportes, “o mundo do tríatlon vai camiño de facer da cidade un referente en España, un escenario vip para o deporte dos tres deportes”. Borrego mostroulle a súa satisfacción á Federación da Coruña pola elección da Coruña como escenario das probas por segundo ano consecutivo e manifestou o “firme propósito da concellería de continuar co apoio ao deporte e fomentar o seu crecemento na cidade”. Respecto ao Campionato de España de Tríatlon, Juan Antonio Borrego considera que “se a edición de 2018 foi moi positiva, en 2019 temos a expectativa de que sexa mesmo superior e ofrecer un espectáculo de gran nivel para a cidadanía coruñesa e visitante”.

 

Obxectivo

O obxectivo da Concellería de Deportes e da federación é que a cidade “goce dunha auténtica festa do tríatlon. Convidamos a participar a toda a cidadanía”, resaltou Juan Antonio Borrego, que destacou que “A Coruña ten os ingredientes necesarios para ser unha cidade de tríatlon pola súa relación co mar e unha contorna urbana ideal para as probas deportivas”. Ademais, quixo resaltar o valor que ten que todas as probas se poidan levar a cabo sen deixar o corazón da cidade e aproveitou para anunciar que o “Concello abriralles os seus museos e infraestruturas culturais e de lecer ás persoas participantes para que poidan gozar dos atractivos da cidade”.

O director de Competicións da FEPRI, Jorge García, agradeceulle ao Concello “a súa implicación e paixón nun proxecto que comezou hai dous anos cando se formulou o campionato” e sinalou que “é un luxo traballar co Servizo de Deportes do Concello da Coruña”.

Para a Federación Española de Tríatlon, A Coruña “é un escenario para o deporte e non todas as cidades están preparadas para iso”, ademais de dispoñer dunha “contorna ideal para as carreiras”.

Cita co Campionato Español de Tríatlon distancia olímpica

Te puede interesar