O Concello da Coruña organiza hoxe o Día da Discapacidade con actividades deportivas dirixidas e abertas ao público na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor.
Esta iniciativa busca fomentar o deporte entre os diferentes colectivos da cidade e amosar o seu carácter diverso e inclusivo. As persoas que participen poderán levar a cabo actividades dirixidas, como bailes latinos ou pilates, e deportes como fútbol, baloncesto, bádminton, tenis de mesa, ximnasia rítmica e artística, esgrima, escalada, hóquei ou petanca.
Ademais, diferentes asociacións e entidades da cidade participarán nestes actos, que terán lugar entre as 11.00 e as 13.00 horas. O Concello da Coruña quere, deste xeito, conmemorar o Día Internacional da Discapacidade, que se celebra cada ano o 3 de decembro.
Está confirmada a asistencia de 15 asociacións e a participación dunhas 200 persoas, ás que se lles sumarán os usuarios e usuarias das Escolas Deportivas Municipais.
As entidades que confirmaron a súa presenza son: ACLAD, ADCOR, Anpanxoga, APEM, Aspanaes, Asperga, Buen Pastor, Casco Mesoiro, Casco Rosales, Aspronaga, San José, Sor Eusebia, Adaceco, Asociación Española contra el Cáncer e ONCE.
Por outra banda, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidirá a sétima edición da iniciativa ‘Baixo o mesmo paraugas’, un acto en apoio ás persoas con discapacidade que se desenvolverá mañán, no Paseo do Parrote a partir das 12.00 horas. Preto dun centenar de entidades de toda Galicia participarán nesta campaña que encherá a nosa cidade de paraugas.
Aberto o prazo de inscrición para a Semana Deportiva do Nadal, que contará con dos quendas a elexir |
O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para a Semana Deportiva de Nadal, onde se realizarán actividades deportivas dirixidas por persoal especializado, destinadas a poboación infantil con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Hai 96 prazas dispoñibles e dous quendas a elexir: do 26 ao 30 de decembro de 2022 ou do 2 ao 5 de xaneiro de 2023. O importe a aboar é de 4,24 euros por día e participante. A presentación de solicitudes, a través da páxina web do Concello, rematará ás 23.59 horas deste domingo. Pódese acceder na seguinte ligazón: Formulario de solicitude para a Semana Deportiva de Nadal 2022-23. O 7 de decembro publicarase a listaxe provisional de solicitantes. A subsanación de erros terá lugar do 8 ao 11 de decembro ata as 23.59 horas, enviando un correo electrónico a deportes@coruna.gal. No caso de ser senecaesario un sorteo, sería o13 de decembro, ás 9.00 horas. |