Domingo 24.06.2018

Rubén: “É un partido importante, moitas das opcións de salvación pasan polas Palmas”

O gardamallas de Coristanco matiza que “non é unha final porque aínda quedarán encontros”

O gardamallas, onte durante o adestramento  | miguel miramontes
O gardamallas, onte durante o adestramento | miguel miramontes
Rubén: “É un partido importante, moitas das opcións de salvación pasan polas Palmas”

Rubén Martínez tornou ó once de Clarence Seedorf no encontro contra o Girona, despois de sustituir na xornada anterior a Koval, que veu o cartón vermello ante o Eibar. En Montilivi sufriu dous goles, nun mal partido en xeral de todo o equipo. Agora no encontro ante Las Palmas todo apunta a que estará entre os elexidos do técnico holandés.
Un compromiso que Rubén recoñece que será importante, pero o que non lle quere poñer o adxectivo de ‘final’, pois para él aínda hai tempo, aínda que xa estemos afrontando o tramo final da tempada. 

1 Choque marcado no almanaque
“É un partido muy importante, moitas das opcións da salvación pasan por este encontro”, indicou o porteiro branquiazul, que lembra que “según avanza a tempada, chegando ó final, onde pelexamos para estar fora do descenso, todo é máis decisivo”. 

2Para él, non é unha final
Rubén declarou que para él será unha das citas “mais trascendentais” pero non unha final “porque aínda quedarán mais partidos”. Neste terán enfrente a un “rival directo” polo que, aínda que non sexa ‘a vida ou morte’, é o partido “máis importante ata agora” para os deportivistas.
Un encontro semellante o que xogou no Abanca Riazor co Levante, e que nesa ocasión finalizou cunhas táboas que perxudicaron os locais.

3 Comezar a sumar 
de tres
O Deportivo leva mais de tres meses sen gañar, a última victoria foi o 9 de decembro ante o Leganés. Un encontro no que Rubén estivo na portería coruñesa. Imporse a Las Palmas é algo que é mester conseguir canto antes, pois os rivais sí están a sacar os seus compromisos nas últimas xornadas ligueiras.
“A cousa complícase porque son mais puntos (de distancia coa salvación, cinco), pero tamén temos que sumar de tres nós, porque senón non vale de nada. Os demáis van gañar os seus partidos, como este fin de semana o Levante”, dixo.

4 Confianza pese o mal momento
Rubén quixo suliñar que, pese o mal momento que vive o equipo, seguen coa moral alta e dispostos a loitar ata o final para poder saír da zona baixa da clasificación, agora que aínda hai tempo. “A nosa confianza segue intacta, pero temos que gañar este fin de semana porque se non non podemos optar a saír de ahí abaixo”, declarou o de Coristanco.

5Un rival nun momento difícil
Preguntado polo equipo das Illas, recoñeceu que é irregular pero que “tivo unha melloría dende a chegada de Paco (Jémez)”. “Atopánse nunha situación semellante a nosa, complicada, pásalles de todo”, indicou o porteiro.
Las Palmas, que perdeu ante o Villarreal e veu como Gálvez era expulsado e provocaba penalti, recurrirá a tarxeta. Para Rubén se o defensa non está, outro igual de bo ocupará o seu posto: “Esos son cousas deles, vin a xogada pero non son o árbitro. Se vén, mellor para eles e senón terán a outro de semellante calidade. Coñézoo, é un gran xogador pero a nós non nos interesan as indivualidades”.

6Sobre os cambios 
na portería
O seren preguntado polos trueques na portería branquiazul (cinco contándoo a él) asegurou estar canso de falar dese tema. “E a mesma pregunta de todas as roldas de prensa, dende que se falaba de fichar a un novo porteiro. Todos queremos xogar, o importante é o equipo e o que decide é o adestrador”, declarou Rubén. 
Quixo deixar claro, ademáis, que a falta de continuidade na portería non merma a confianza: “A confianza vai co equipo, se gañamos estamos todos máis ledos”.
 

Rubén: “É un partido importante, moitas das opcións de salvación pasan polas Palmas”