Recordos de Sevilla e unha instantánea con Arsenio
lll
17º-23º

Recordos de Sevilla e unha instantánea con Arsenio

Recordos de Sevilla e unha instantánea con Arsenio
Instantánea con Arsenio | Foto: Manel méndez

Usuario

As fotografías sempre traennos lembranzas cando as contemplamos de épocas pasadas. No caso de Manel Méndez, socio 3.124 do Deportivo e peñista de Orgullo Koruño, hai unha que garda coma un tesouro e lle fai sorrir. Nela véselle a él e o seu irmán Jorge xunto a Arsenio Iglesias.

O que toma a instantánea é seu pai, o día do encontro de promoción co Betis, na temporada 91-92, no que o Deportivo xogábase baixar a Segunda División.

“Sacamos a foto mesmo día do partido. Despois de comer, os xogadores saíran do hotel e meu pai díxolles se podían sacarse unha foto, o que saca a foto é él. Arsenio era unha persoa tan humilde e tan boa que accedeu rápidamente e fumos á entrada do hotel”, indica Manel, que está seguro de que na casa dos país ten tamén un retrato “con Sabin Bilbao e penso que con Stoja”.

Agasallo adicado
O retrato dese día tan especial é algo que actualmente ten no salón na casa. “Daquela usábanse cámaras analóxicas, penso que era una fotografía de 15x10 e meu pai levouna a propia librería de Arsenio, que tiña na ronda de Outeiro e penso que rexentaba a súa irmá, e fixéronlle a ampliación nunha fotocopiadora de cor. O cabo duns días devolveunola asinada: “A los hermanos Méndez con el recuerdo de nuestro triunfo en Sevilla’”, era a dedicatoria do técnico.

Manel lembra con cariño aquela viaxe en coche ata Sevilla para ver o partido, él, o seu irmán Jorge e o seu pai. Unha aventura que viviron outros centos de deportivistas. “Era un partido entre semana. Eu estaba en primeiro de carreira e daquela era a época de exámenes , mentras que meu irman estaba no instituto, pero deu igual, tiramos os tres para alá”, comenta Manel.

Puideron quedarse en Córdoba, o teren alí parentes da súa nai. Chegaron o martes á noite, o encontro foi o mércores e non voltaron cara a Coruña ata o venres.

Moitas anécdotas
Dese días lembra centos de historias que bulen no seu maxín e que aínda hoxe arríncanlle un sorriso.

“Na previa do partido atopámonos cuns rapaces de Sada, serían tres ou catro, nunca volvín a ver a ningún deles. Lembro que dicían que ían co su amigo Johnnie (a  botella de Johnnie Walker)”, comenta entre risas.

Tamén conta cas entradas foron un agasallo de Lendoiro: “Foi él que no las deu, eran invitacións. Chegamos a Sevilla coa intención de ir a mercar entradas, penso co meu pai chegara a mercalas. Chegamos o hotel do Deportivo, como tantos e tantas coruñeses coñecía a Lendoiro dun par de veces, e sacou do seu peto un par de entradas e deunolas”.

A punto de marcar
Manel rememora tamén o intre no que Fran estivo a piques de marcar, xa o final do encontro, e o verse no medio de tantos siareiros béticos. “Case nos pegan na grada (risas). Non me lembro se era o fondo norte ou o sur (Gol Norte era o nome da localidade). Era un dos antigos fondos do Benito Villamarín  e, cando Fran case marca o gol, nós brincamos. Era o minuto 91 e logo tivemos que escapar un pouco da xente. Pero non tivemos ningún problema con ninguén, nin insultos, nin ningunha cousa. A situación foi debido a tensión daquel intre”, describe Manel.

Asimesmo, lembra como acabaron celebrando a victoria cos branquiazuis dentro do propio autocar. “O rematar o partido, meu pai, meu irman e eu colámonos, non sei cómo, na zona mixta e rematamos no autobús do Deportivo, saltando cos xogadores. Pénsalo agora, na vida adulta, e foi unha cousa incrible”, relata.

Sempre metódico
Naquela comida despois do triunfo Manel acórdase tamén dunha anécdota, da que foi testemuña, moitas veces contada, e que protagonizou Arsenio. “Os xogadores foron a cear e él foi quitando as botellas de viño que había enriba da mesa, unha a unha. O sábado seguinte tiñamos aquí en Coruña a volta da semifinal da Copa contra o Atlético, e Arsenio xa estaba pensando no seguinte partido, era o último da tempada. Despois de salvarnos de baixar a Segunda, non era importante, o importante era o que acaba de acontecer”, indica o afeccionado.

“Estábamos alí todos de celebración e Arsenio era o que mantiña a cabeza fría e seguía pensando n competición. Arsenio era incrible”, admite Manel, un fiel deportivista que viviu hai case 30 años un “encontro agónico”.

Recordos de Sevilla e unha instantánea con Arsenio

Te puede interesar