A confianza coma gasolina
lll
17º-23º

A confianza coma gasolina

A confianza coma gasolina
O equipo herculino, adestrando esta semá a porta pechada en Riazor | patricia g. fraga

Usuario

Fernando Vázquez non ten redes sociais, pero eso non significa que non esté o tanto dos chíos e comentarios dos seareiros, que considera que, en xeral, están co equipo a pesar do inicio, que non acaba de agradar a un sector de afección, resultados aparte.

“O deportivismo é algo tan grande que non sabemos cómo se posicionará. Eu creo que a gran maioría estaría co equipo, non me cabe a menor dúbida. Eu sigo pensando que a afección sigue estando conmigo e co club”, argumentou.

 

Conciliador

O seren preguntado, aclarou que entende as voces críticas, pero apoiou a que a grada transmita sempre eses folgos, independientemente do que aconteza no marcador.

“Non estou pendindo que a xente non sexa crítica, é normal. Outra cousa é a situación de que, a pesar de empatar ou perder este partido, confiamos en vós e imosvos apoiar (referíndose os siareiros)”, aclarou.

 

Ollada ó pasado

Indicou, ademáis, que esa conexión sentiuna a tempada pasada cando volveu coller o mando do equipo e que este ano é máis difícil, debido a ausencia de público no Abanca Riazor, e que agora o sentir chega por outros canais.

“Esa relación que eu notaba e o equipo sí sentía, ahora non a podemos notar, porque nos baseamos en xente que escribe en redes sociales e opinión publicaba en medios”, comentou.

Nese senso, Vázquez considera que o equipo non pode quedarse só no que se expón en redes, pois iso non lle permite facerse una fotografía completa do sentir dos afeccionados branquiazuis, os que botan en falta nas gradas do municipal coruñés.

“O que non pode ser é que nos creamos que o sentimento da nosa afección está influenciado o cen por cen pola opinión escrita e a opinión das redes. Nestas circusntancias, se tiveramos a nosa afición no campo seríamos moito máis poderosos”, admitiu.

 

Empoderados

Vázquez lembrou ese primeiro e único encontro con público ante o Salamanca UDS. “O primeiro partido con 3.000 eu sentíame totalmente empoderado e creo que gañamos por iso. Foi unha sensación que me gustaría ter todos os domingos, especialmente en partidos como este domingo (por mañá), un derbi”, desexou.

Un desexo que, de momento, non poderá materializarse, no Abanca Riazor debido a actual situación sanitaria e as restriccións de aforo.

O Deportivo notará, nembargantes, esa confianza da grada dende a distancia, a gasolina máis importante do equipo branquiazul.

A confianza coma gasolina

Te puede interesar