Rodrigo Vázquez: "Vir a Riazor cada quince días é como un acto de comunión”
lll
17º-23º

Rodrigo Vázquez: "Vir a Riazor cada quince días é como un acto de comunión”

Rodrigo Vázquez: "Vir a Riazor cada quince días é como un acto de comunión”
FOTO: PATRICIA G. FRAGA

Usuario

Unha das facianas máis recoñecibles do sempre fascinante e cambiante espectro televisivo leva ADN deportivista. Rodrigo Vázquez, alma máter do exitoso concurso ‘El Cazador’ de TVE1 aproveita a súa visita a A Coruña para estar preto do seu equipo. 


Sempre cercano e directo, presume de cores branquiazuis non so por Madrid senón tamén polo seu Ourense natal e polo resto de Galicia.

 

Cando e como comezou a túa paixón polo Depor?
A miña historia, como a de moitos nenos, ten a súa orixe na familia; cando nacín, un dos meus tíos comproume un uniforme do Madrid. O meu pai, ao día seguinte, fixo o mesmo co do Barça. Tiven unha dúbida e o meu avó recomendoume que fose seguidor dun equipo galego. Entre Celta e Depor sempre simpaticei máis polo Deportivo. Eran os inicios dos noventa e apenas tiña catro ou cinco anos. Escollín o Deportivo ou o Depor escolleume a min, nunca se sabe (bromea).

 

Tiveches relación coas peñas deportivistas da provincia de Ourense?
Non, empecei a ir a Riazor nos meus tempos universitarios de Santiago; viña cos colegas tanto en Liga como en Europa.

 

Como te apañas para seguir ao Depor desde Madrid?
Vai por tempadas, igual estou alí dous meses seguidos e despois veño aquí unhas semanas. Gústame vir a Riazor sempre que teño tempo, o paseo ata o estadio é precioso, o ambiente é espectacular.

 

Como te sentes en Riazor?
A atmósfera é moi especial, o camiño a Riazor é o máis bonito do mundo. A afección do Deportivo sempre está aí, é un referente para os que van ben e para os que van mal. Cando decides ser dun equipo é unha decisión que afrontas na nenez; manter esa lealdade é do máis fermoso que existe. Vir a Riazor cada quince días é como un acto de comunión, permíteme reencontrarme comigo mesmo cando era neno, o que era hai trinta anos.

 

Puideches asistir a algún partido fóra da casa este ano?
Este ano non pero o ano pasado estiven en Alcorcón.

 

Os colegas en Madrid brincan contigo polo Depor?
Non, todo o contrario. Interésanse pola dinámica do equipo; a xente empatiza moito cun equipo grande en horas baixas e o deportivismo xa están por riba de moitas cousas. En Madrid hai un interese sano polo Depor.

 

Lembras cantos concursantes mencionaron ao teu equipo en ‘El Cazador’?
Non sei exactamente pero moitos, fácilmente dez ou quince. Levaron bufandas, xornais antigos... Saben que es do Depor e eso une na distancia.

 

Temos o ascenso cazado ou aínda non?
Non, para nada. Ata que pita o árbitro non podemos celebrar nada. Esperemos non ter que xogar a promoción este ano, sería durísimo. A cousa pinta mellor que calquera ano pero somos especialistas en complicalo todo. Espero non ter que aplicar esta tempada esa coñecida frase de “hai poesía na derrota”.


Pediches vacacións para os últimos encontros de Liga?
En principio libro as fins de semana e non habería problema.

 

Farías algunha loucura se sube o RC Deportivo?
Non son moito de promesas, a maior loucura é seguir o ano que vén indo a Riazor. Esto non vai de gañar ou perder, vai de sentimentos. 

Rodrigo Vázquez: "Vir a Riazor cada quince días é como un acto de comunión”

Te puede interesar