Modesto Pazos, socio do Pontevedra e do RC Deportivo: "Estou vivindo anos moi duros a nivel futbolístico”
lll
17º-23º

Modesto Pazos, socio do Pontevedra e do RC Deportivo: "Estou vivindo anos moi duros a nivel futbolístico”

Modesto Pazos, socio do Pontevedra e do RC Deportivo: "Estou vivindo anos moi duros a nivel futbolístico”

Usuario

Dende o berce e por influencia dos seus pais, que xa o levaban a Pasarón con once anos, Modesto Pazos creceu sendo seareiro do Pontevedra e tamén do RC Deportivo, equipo que sempre espertou moitas simpatías na cidade do Lérez.


Socio da entidade granate número 155 e aproximadamente 12.000 do clube herculino, este membro da peña deportivista ‘A Perla de Arousa’ confesa a dxt que está a vivir tempos convulsos a nivel futbolístico pero que por nada do mundo cambiaría de cores a estas alturas da súa vida.

 

Pontevedra e Depor non che están brindando demasiadas alegrías nestes últimos anos...
A verdade é que non, estou vivindo anos moi duros a nivel futbolístico. Teño que recoñecer que sufro máis co Deportivo. De neno xa ía aos partidos do Pontevedra en Pasarón con meus pais, que me falaban moito e moi ben do Deportivo. Nunca tiven dúbidas respecto aos meus gustos. A relación cos adeptos do Celta era moito máis complicada, había unha rivalidade que non sempre era sana.

 

Cales son as túas mellores lembranzas co Pontevedra e co Deportivo?
Co Pontevedra lembro os anos do ‘hai que roelo’ cando era un neno, vivín partidos moi bonitos cun gran ambente nas gradas. Co Deportivo viaxei moito, estiven nos mellores campos de España e disfrutei das victorias e dos títulos. Tamén cos ascensos dos dous clubes.

 

E as peores?
Pois os descensos dos dous equipos, está claro. Paseino mal cando baixou o Pontevedra a Terceira e tamén cando o Depor caeu a Segunda e tamén a Segunda B. Foron paus duros e temos que repoñernos canto antes.

 

Como vivirás o derbi deste serán en Pasarón?
Pois dende logo que non será o derbi soñado, a verdade é que agardaba un partido co Pontevedra xa salvado e un Deportivo case que campeón e ascendido. A directiva do Deportivo tiña que ter adoitado medidas antes co adestrador, penso que Cano perxudicou ao Deportivo.

 

Estás decepcionado con este ano do Depor?
Un pouco, creo que tíñamos equipo para máis pero non se tomaron decisións a tempo e perdemos moito terreo respecto a outros clubes.

 

Que pensas de Rubén de la Barrera?
Aparte de ser coruñés e deportivista é un técnico novo e ben preparado, que coñece a casa, e iso vale moito. Preocupouse de dar oportunidades á canteira e penso que o Depor debeu asinar máis anos con el porque representa unha aposta seria e de futuro.

 

Es optimista de cara á promoción de ascenso?
Considérome unha persoa optimista por natureza pero antes, con Óscar Cano, non o era tanto, pero agora si. Creo que vamos ter éxito aínda que nun playoff xogas todo a catro partidos o pode suceder calquera cousa, como aconteceu o ano pasado por desgracia.

 

Estás disposto a desempolvar as malas para axudar ao Depor na loito polo ascenso a Segunda?
Moi probablemente vou viaxar co Deportivo nestes encontros que restan do ano; aínda non sabemos ben se será en Castellón, Murcia, Barcelona ou San Sebastián pero teño varios amigos que están dispostos a facer moitos quilómetros e eu penso unirme. Viaxei xa por moitos campos do país e temos que volcarnos. Espero que na nosa peña xuntemos 30 ou 40 interesados para desplazarnos. 

Modesto Pazos, socio do Pontevedra e do RC Deportivo: "Estou vivindo anos moi duros a nivel futbolístico”

Te puede interesar