O BNG mostrou esta mañá a súa "profunda preocupación polos últimos acontecementos arredor do noso querido RC Deportivo".
"Como institución senlleira da nosa cidade, non podemos entender o Depor como unha simple entidade mercantil suxeita a meras decisións empresariais", queixouse a formación nacionalista.
"O Depor é moito máis do que iso, son xeracións de sentimento, son momentos compartidos por miles de persoas da nosa contorna e de toda Galiza e, por suposto, tamén de alén do noso país", apuntou o partido liderado por Francisco Jorquera.
"Permaneceremos atentos e vixilantes ao desenvolvemento dos acontecementos esixindo a máxima transparencia ao dono maioritario (que non único) da institución e a articulación das medidas necesarias para que o RC Deportivo goce dun futuro prometedor. O Dépor é a súa xente!", rematou o BNG.