Os Fillos de Breogán xogarán a Champions Cup 2017 en Maastricht
lll
17º-23º

Os Fillos de Breogán xogarán a Champions Cup 2017 en Maastricht

Os Fillos de Breogán xogarán a Champions Cup 2017 en Maastricht
As herculinas seguen sendo un equipo moi sólidos, como en temporadas anteriores | AEC

Usuario

Dous planteis dos Fillos de Breogán desprazaranse este venres á cidade de Maastricht, onde terá lugar ao longo do sábado a European Champions Cup 2017, a máxima competición europea que reunirá na cidade holandesa a clubes procedentes de toda Europa.

Até 30 xogadores, entre homes e mulleres, forman a expedición breoganeira, que partirá da Coruña este venres a primeira hora.

BREOGÁN

As Fillas de Breogán quedaron encadradas no grupo A e mediranse fronte a Holanda, Múnic e Paris coas que procurará o pase para desputar o título final. No grupo B estarán Béxica, Renns, Berlín e un combinado das Imandinhas da Estrada e Madrid.

Os grupos
Pola súa banda, o cadro masculino está formado por catro grupos e 12 equipos. No grupo 3 Fillos terá como riváis a Rennes e Viena, e o cadro está completo por Luxemburgo, Irmandinhos da Estrada e Jersey no grupo 1, París, Berlín e Ámsterdam no grupo 2 e Madrid, Bélxica e Varsovia no grupo 4. A European Champions Cup 2017 é a máxima competición da rexión europea de clubes e supón un grande escaparate para dar a coñecer o que se está a facer no fútbol gaélico en Galicia, cunha competición regular e con máis de 10 equipos, un feito sen parangón en toda Europa e que comezou hai 7 anos coa fundación dos Fillos de Breogán

BREOGÁN

Este desprazamento supón un esforzo de grandes magnitudes para un plantel amateur como son os Fillos de Breogán que, con todo, conseguiron implicar até 30 persoas para poder competir dignamente, en ambas categorías contra rivais da máxima entidade.

Os Fillos de Breogán xogarán a Champions Cup 2017 en Maastricht

Te puede interesar