El Sofán recibe este domingo al Xallas en As Eiroas el campo de O Carral se encuentra en obras en un partido que será especial para el entrenador del conjunto de Carballo: Iván Cancela. El técnico se reencuentra con su pasado ya que se mide a un equipo en el que ha militado durante cinco temporadas en distintas etapas.
Fue jugador del cuadro de A Fontenla en la campaña 2009/10 y posteriormente cambió el césped por el banquillo para dirigir durante dos cursos al equipo xalleiro. Después pasó por el Sporting Zas y el Dubra pero en la 2015/16 volvió a tomar las riendas del Xallas. Una vez más dirigió al equipo durante dos campañas y volvió a cambiar de aires. Este verano decidió aceptar la propuesta del Sofán y el resto es historia. El domingo se vuelven a cruzar sus caminos.
O Sofán recibe este domingo ao Xallas, o teu exequipo. É un partido especial para ti?
Si. É especial porque o Xallas é un equipo do que gardo moi bos recordos. Alí pase moitos anos como adestrador e tamén como xogador.
Que recordo tes das diferentes etapas nas que estiveches no Xallas?
Teño moi bos recordos porque eles foron os que me deron a oportunidade de empezar como adestrador, sobre todo Pedro Fernández. Alí pasei moitos anos de éxitos con dous ascensos, un título da Copa da Costa, unha semifinal de Copa Deputación e unha Supercopa. Gardo bos recordos a nivel persoal e tamén a nivel deportivo. Quero darlle as grazas ao Xallas polo bo trato recibido nestes últimos anos tanto de xogadores como de directivos como de xente de Santa Comba.
É a primeira vez que te enfrontas ao Xallas?
Si. É a primeira vez que xogo contra o Xallas Xallas porque antes enfronteime algunha vez co que foi o Xallas de Santa Comba.
Quedan moitos xogadores no equipo da Fontenla respecto da pasada tempada?
Quedan uns cuantos. Hai algúns que se foron pero máis ou menos o cincuenta por cento do plantel quedou.
E como esperas que sexa o partido do domingo?
Os dous equipos aínda estamos a atravesar unha fase inicial con novos adestradores e varios xogadores novos. Creo que vai ser un partido igualado que se pode decidir por pequenos detalles. Pero creo que non se vai a ver aínda o cento por cento por cen de rendemento de ningún dos dous equipos.
Eles foron os que deron a oportunidade de empezar como adestrador
Canedo e Luis son dous xogadores do Sofán que tamén adestraches noutros equipos, incluído o Xallas. Como son no campo?
Canedo é un deses xogadores que todo adestrador quere ter polo que aporta ao equipo. É un mediocentro de contención que da equilibrio ao equipo pero que tamén se sabe manexar no fútbol ofensivo. É un centrocampista moi completo. Ademais, como persoa ten un carácter que contaxia ao grupo. É o cuarto equipo no que o adestro. Xa o tiven no Zas, no Dubra, no Xallas e agora aquí. Algo similar que Luis, que o adestrei no Xallas, no Dubra e agora no Sofán. Luis é un xogador que se desenvolve ben na banda e na mediapunta. Ten unha zurda de ouro e uns primeiros metros moi explosivos. É moi perigoso no un contra un e filtra pases moi bos para a xente que xoga arriba.
Que balance fas dos teus primeiros meses no Sofán?
Estou impresionado con como funciona o club. Creo que teñen o traballo moi ben organizado, que teñen unha idea clara do que queren e que facilitan moito as cousas aos que estamos a traballar aí dentro. Agora estamos marcados na pretemporada pola falta de campo xa que temos que adestrar nas Eiroas co campo compartido. Os adestramentos non están a ter toda a calidade que queriamos pero quero recalcar que non nos debemos queixar, que é unha situación temporal.
Estás satisfeito co inicio de liga do equipo?
Os xogadores están a adquirir automatismos e mecanismo a un bo nivel. Pero queda moito traballo por diante tanto a nivel táctico como físico.
Quero darlle as grazas o Xallas polo bo trato recibido nestes últimos anos
Doeu moito a goleada da pasada xornada ante o As Pontes?
O plan inicial que tiñamos foise ao traste en tres minutos. Nun córner que lle fan un bloqueo a Canedo e nunha falta que desvía a nosa barreira. A partir de aí o plan foise ao traste. Sabiamos que eles eran un equipo de gran calidade e que nós non estamos no noso mellor momento así que na segunda parte non arriscamos moito para que non nos fixesen demasiado dano a nivel moral. É certo que así melloramos e estivemos mellor na segunda parte aínda que encaixamos o cuarto no desconto. O As Pontes ten o plantel máis completo de Preferente e nós temos que levantar a cabeza e pensar no seguinte partido.
A que queres que xogue o Sofán?
Son eu o que me teño que adaptar aos xogadores e non os xogadores os que se teñen que adaptar a min. Temos xogadores que xeran fútbol combinativo con rapidez a partir de tres cuartos para diante polo que tentaremos crear un equipo compacto atrás e a partir de aí buscar a profundidade. Pero non de maneira directa. Debemos buscar profundidade coas nosas armas, con fútbol combinativo pero sen abusar da horizontalidade.