Pablo Vigo Ameal: “Teño gañas, ilusión e confianza para conseguir o obxectivo”
lll
17º-23º

Pablo Vigo Ameal: “Teño gañas, ilusión e confianza para conseguir o obxectivo”

Pablo Vigo Ameal: “Teño gañas, ilusión e confianza para conseguir o obxectivo”
Pablo, no centro da imaxe, no partido da primeira fase contra o Paiosaco | Raúl López

Usuario

Pablo Vigo é un deses futbolistas que é máis que un xogador. É a ilusión dunha comarca, como el di, é a superación semana tras semana. É a competitividade personificada. É un lateral esquerdo que engana á súa idade. É un loitador que o pasado domingo tivo que sufrir unha mala arbitraxe pero que xa pensa no seguinte.

Foi moito castigo o 3-0 no Couto?
O resultado paréceme un castigo algo excesivo, aínda que despois de tres penaltis e cun home menos case toda a segunda parte e ante un equipo que debería estar loitando por ascender, pasa a ser un resultado xusto.

Como valora o partido do Fisterra a pesar do resultado?
Fixemos un partido de moito desgaste físico ante un gran equipo e, a pesar das adversidades, nunca nos deixamos ir. Temos que seguir traballando na mesma liña e pensar no seguinute partido. Se seguimos traballando así, teremos premio.

E a actuación arbitral?
Da actuación arbitral creo que é mellor non comentar nada. O partido foi televisado e, o que viu o partido, pode sacar as súas propias conclusións.

Os xogadores do Fisterra séntense decepcionados?
Decepcionados non. Non creo que ningún de nós se sinta decepcionado. Pode ser que, ao acabar o partido, sentímonos frustrados ou indignados, pero estamos orgullosos do traballo que facemos e de representar á Costa da Morte en campos históricos como o Couto.

Cal foi a decisión arbitral que máis lle indignou?
O partido estivo marcado por dúas xogadas claves: o segundo penalti na primeira parte, que para min non é despois de que o árbitro deixase continuar e, no segundo tempo, a expulsión de Julian López, que é un xogador súper limpo e penso que é a primeira expulsión da súa carreira futbolística. Para min nin falta foi e menos a segunda amarela deixándonos cun menos no minuto 47.

Cando remata o partido, que sente Pablo Vigo?
O acabar o partido síntome un pouco frustrado e indignado pero, cando enfrías, o primeiro que queres é que chegue o seguinte domingo: outra batalla, outros tres puntos que nos poden axudar a conseguir o obxectivo.

Foi inferior o Fisterra ao Ourense CF?
Empezamos un pouco dubitativos e creo que neses momentos foi superior o Ourense, pero despois igualamos e incluso fomos superiores ata o descanso. Na segunda parte, cun home menos, o Ourense fui superior.

A nove puntos da permanencia. Está moi difícil para o Fisterra?
A día de hoxe só pensamos no Barco e sumar tres puntos. Mentres as matemáticas non digan o contrario, só pensamos en que temos que sumar tres puntos e que non hai nada perdido.

É unha final o partido contra o Barco?
Desde que empezou esta fase propuxémonos pensar só no partido que temos a continuación. Pensamos que cada domingo é unha final e seguiremos pensando así. Só miramosó frente e só vemos ó Barco na nosa casa coa nosa xente.

Como está Pablo Vigo a nivel físico e de xogo a estas alturas da tempada?
Encóntrome ben, en perfectas condicións físicas e de xogo, con gañas, ilusión e con confianza para conseguir o obxectivo.

A piques de rematar a tempada, pensa Pablo no próximo curso?
Agora mesmo só penso no Barco, que chegue o domingo para poder sumar tres puntos. Non penso no máis aló.

Que obxectivos se marca nos últimos cinco partidos?
O obxectivo nestes últimos cinco partidos e sumar todos os puntos posibles para conseguir a permanencia e que a Costa da Morte disfrute outro ano máis da Terceira Galega. A nosa comarca merece representación na Terceira.

Pablo Vigo Ameal: “Teño gañas, ilusión e confianza para conseguir o obxectivo”

Te puede interesar