Un cuarto de século de grandes momentos
lll
17º-23º

Un cuarto de século de grandes momentos

Un cuarto de século de grandes momentos

Usuario

Hai 25 anos nacía na Coruña DXT Campeón, o primeiro diario deportivo en papel de Galicia. Durante este cuarto de século, o DXT achegounos aos grandes momentos do noso deporte e aos seus protagonistas. Vela, rugby, hóckey, baloncesto, halterofilia, surf, rally, ciclismo, fútbol,  piragüismo…todas as disciplinas deportivas, desde as máis minoritarias até os grandes eventos deportivos teñen o seu espazo cada día nas páxinas do xornal. 

O último ano foi especialmente difícil para todos. A pandemia sanitaria deixa unha fonda pegada na nosa sociedade, que agora se enfronta tamén a unha crise económica e social sen precedentes. Unha situación que obrigou ao DXTCampeón a deixar de imprimirse por un tempo como acto de pura resiliencia nun contexto adverso no que se negaba a dobregarse. Todo para volver con máis forza, capeando as dificultades e achegando de novo toda a actualidade dun ámbito que tivo que reinventarse para poder seguir levando a cabo as diferentes competicións e encontros nesta nova realidade.

Como presidente da Deputación, quero felicitar a todo o equipo do DXT que fixo posible que o xornal mantivera firme a súa aposta e compromiso coa información deportiva local, incluso nos tempos máis difíciles. Vintecinco anos despois, este xornal segue a ser unha das principais referencias no seu ámbito, atendendo á realidade plural e diversa do deporte coruñés e centrada na nosa provincia.   

Unha realidade na que a Deputación da Coruña tamén está moi presente, cun apoio moitas veces discreto, pero importante, que vai dende as becas a deportistas ou o apoio constante ás categorías de base nas que comezan a forxarse os novos talentos do deporte coruñés, ata a participación en grandes eventos deportivos, que trascenden o eido deportivo polo seu impacto económico e a súa proxección nacional ou internacional. 

Parabéns por todo este tempo de información deportiva local. Espero e desexo que nos próximos 25 anos sigades contando os éxitos do deporte coruñés.

Valentín González Formoso - Presidente da Deputación da Coruña

Un cuarto de século de grandes momentos

Te puede interesar