Cando un adversario é superior e apenas che da opcións non che queda máis remedio que felicitalo e traballar para reducir a diferenza nos vindeiros compromisos. Iso foi o que lle pasou á selección galega sub-18, que desde o arranque do partido viuse superada pola Comunidade Valenciana, que se adiantou cun golazo de Alejandra Serrano.
Desde os primeiros minutos quedou patente a diferenza física entre os dous equipos, e tamén na intensidade proposta no xogo. Galicia víase superada e as dificultades foron moitas ao longo do partido. A coruñesa Lía foi a xogadora máis activa por parte galega e case consigue empatar no minuto 21 cun gran disparo que se foi fóra moi preto do poste dereito da portería valenciana.
Detalles As deportivistas Teresa, Lía e Malena foron as mellores da selección galega
A pesar do control do xogo que exercía Valencia, o certo é que a primeira parte avanzou sen noticias destacada sen canto a ocasións, pero o segundo tanto, obra da internacional Eva Navarro, xa no 54, supuxo un golpe definitivo.
Chegaron entón uns minutos delicados nos que as anfitrioas tiveron varias oportunidades de ampliar a renta pero aí engrandeceuse a figura da deportivista Malena, que amosou autoridade na portería.
Galicia reaccionou na parte final do encontro e case recurta Teresa nunha gran acción individual. Pero o gol non chegou e xa no desconto as valencianas fixeron o terceiro e último tanto do partido.
A sub-18 remata cunha gran vitoria sobre País Vasco e cunha derrota sen paliativos coa selección valenciana.
Reaccións
Quin Valbuena, seleccionador sub-18, recoñeceu a superioridade do combinado anfitrión: “No nos dieron opción en ningún momento del partido. Hay que admitir la superioridad, son mucho más equipo y estuvieron acertadas. Nos hicieron mucho daño con la velocidad y el desborde por las bandas con balones a la espalda de nuestra defensa”, detallou.
Pola súa banda, Edu González, máximo responsable do equipo sub-16, valorou o empate ante Valencia e os catro puntos acadados na primeira fase: “A valoración é moi positiva tendo en conta que os nomes dos rivais, Euskadi e Valencia, eran moi complicados. Estamos moi contentos porque temos todas as opcións para meternos na fase final”, indicou.
Galicia xogará na segunda rolda do torneo, a falta de confirmación oficial, contra Extremadura e Baleares.