Iago Garrido: “Na situación na que estamos non debemos perdoar”
lll
17º-23º

Iago Garrido: “Na situación na que estamos non debemos perdoar”

Iago Garrido: “Na situación na que estamos non debemos perdoar”
30 septiembre 2019 Fútbol Preferente Norte Temporada 2019-2020 Laracha - Atlético Arteixo 3-0

Usuario

Mañá, Iago Garrido afrontará un partido tan especial como importante. O Laracha, o seu equipo, e o Xallas, onde xogou a pasada tempada, queren saír da zona perigosa.

Cales eran os obxectivos, a nivel de xogo, do Laracha no partido contra o Montañeros? 

O noso principal obxectivo era manter a portería a cero. A partir de aí, sen estar moi acertados de cara a gol, sabemos que os nosos dianteiros poden  decidir o partido en calquera acción pero o Montañeros xogou un partido moi serio, intentando ter o balón con moito criterio pero sen sorte. Sabemos que acaba de empezar todo e que a tempada é moi longa, pero debemos cambiar a dinámica e non despistarnos porque  a liga non espera por ninguén.

Por que só ten 8 puntos de 30 posibles o Laracha? 

Eses oito puntos non reflicten o traballo diario do equipo. Tivemos e seguimos tendo algúns erros graves e non tan graves que nos penalizan. Despois do punto acadado na Grela creo que estaremos mellor. Necesitábamolo polo traballo e sacrificio de todos. Cando perdes, non gusta, pero intentamos estar o máis unidos posible para que pouco a pouco as cousas saian adiante.

Xoga con presión o Laracha pola súa situación clasificatoria? 

Intentamos sacala de enriba porque hai xente experimentada no equipo que sabe como tirar dos máis xoves. Transmítennos calma na medida do posible, sabendo que hai que sacar isto adiante, confiando en que tarde ou cedo as cousas saian.

Que ten que facer o equipo para repetir o partido contra o Arteixo? 

No partido contra o Arteixo non contabamos coa presencia de Dapo, o capi, que sempre aporta todo o del, pero intentamos que seguira todo coma antes. Viñamos dun mal resultado en San Tirso e, xogando na casa, non podíamos perder a oportunidade de demostrar que o equipo vale. Puidemos sacar o partido moi ben, con calma, porque o Arteixo estaba presionando moito, 

Só teño palabras de agradecemento  ao Xallas polo ano que me fixeron pasar

Debería ser ese o camiño a seguir? 

Partindo da base de que nesta categoría non se deben encaixar goles, tería que ser o camiño a seguir, non por gañar un partido senón porque temos que ter claro que a partir de aí o partido pódese decantar dun lado ou doutro da balanza. 

Xogades unha final ante o Boimorto? 

Sinceramente, finais son todas. Na situación na que estamos non debemos perdoar e, todo o que sexa sumar, vainos ir ben de cara a salir dos posto no que estamos situados. 

Cinco partidos titular en nove convocatorias. Como valoras o teu inicio de liga a nivel particular? 

O meu inicio de liga foi progresivo. Está claro que a xente con máis experiencia ca min está por diante, pero con traballo e saíndo as cousas ben, o míster estame dando a oportunidade de xogar. Espero poder seguir con esta dinámica, que era o que pretendía a principio de tempada. 

A veces xogas de ‘6’, a veces de ‘10’. Onde rende máis Iago? 

Iago rende máis de ‘6’. Penso que son un xogador de construcción de xogo. Non domino tanto a faceta de recibir entre liñas e dar o último pase hai outros compañeiros que se desenvolven mellor nesa demarcacion. Pero teña o número que teña, debo rendir de igual maneira no verde, sexa co 6, co 10 ou co 16.

Que che pide Nando antes de cada partido?

Pídeme que sexa eu mesmo, que me libere de toda tensión que poida ter e que xogue como eu sei. Teño a sorte de xogar con Dapo, Geri ou Ayaso no medio, que fan que todo sexa máis fácil. 

Nando pídeme que sexa eu mesmo, que me libere de toda tensión que poida ter

Moléstache que se rumoree co futuro do banco do Laracha? 

Non lle fago caso aos rumores porque na situación na que estamos debemos estar unidos e rendir no campo. Os resultados non acompañan, pero temos que mellorar para que eses rumores desaparezan e poidamos seguir co mesmo grupo co que comezamos esta liga

O ano pasado o teu equipo xogou pola permanencia e este ano parece que tamén será así. Que cres que debe facer o Laracha para acabar conseguindo o obxectivo?

Debemos seguir traballando para que todo esforzo que estamos a facer, ao final de tempada teña a sua recompensa.

Como foi a túa estancia dunha tempada no Xallas? 

Moi boa. Todos os xogadores cos que coincidín acolléronme desde o primeiro momento e só teño palabras de agradecemento polo ano que me fixeron pasar e por facerme mellor futbolista.

Como foi a experiencia dun ano no primeiro equipo do Bergantiños?

Foi excepcional. Déronme a oportunidade de estar ao lado de moi bos futbolistas, dos cales levei moi bo recordo. Cos seus consellos, co día a día nun grupo con aspiracións grandes, fan sacar o mellor de cada un. Puiden foguearme con xente consolidada nunha categoría complicada e, ademais, no primeiro equipo do Bergantiños, que é o que desexa todo xogador que leva toda a vida nun clu, loitando por estar no equipo sénior. 

Cando un xogador sae do Bergan, faino co obxectivo de volver algún día? 

Sendo no equipo no que botas a maior parte da túa vida, gárdaselle moito cariño. Non sei se co obxectivo de volver ou non, porque sempre se busca o mellor para cada club. Se algún día tocara volver ao club no que creceches desde pequeno, sería moi bonito.

Iago Garrido: “Na situación na que estamos non debemos perdoar”

Te puede interesar