A terceira proba, en marcha
lll
17º-23º

A terceira proba, en marcha

A terceira proba, en marcha
Deporte Campeón-2019-05-09-021-9855d610

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou onte no Pazo de Raxoi a terceira proba do Campionato do Mundo de Enduro que terá lugar en Compostela entre mañá e o domingo. 


O mandatario galego destacou a proba que dará comezo na praza do Obradoiro o mañá coa saída das 106 motos das que quince serán españolas e case a metade -sete- serán galegas. 

“Máis dun centenar de motocicletas nunha praza á que cada día chegan tamén centos de peregrinos de todas as partes do mundo, toda vez que teñen rematado o Camiño de Santiago”, apuntou. 

Peregrinos e pilotos
Neste sentido, Lete Lasa comparou a resistencia dos peregrinos coa dos pilotos de enduro que deberán demostrar as súas capacidades nos circuítos super test, extrema test, enduro test e cross test.


Asemade, o titular do Deporte galego gabou o traballo da Federación Galega de Motociclismo, da Federación Internacional e dos demais organizadores aos que lle agradeceu o traballo de levar a Santiago por sexta edición consecutiva este campionato de Enduro e por segunda vez valedeiro para o Campionato do Mundo. 


Un calendario no que se atopan países como Alemaña, Portugal, Francia, Italia ou a República Checa.


Na liña da Secretaría Xeral para o Deporte de apoio ao deporte feminino, José Ramón Lete Lasa fixo tamén un chamamento ás mulleres motociclistas para que se animen a practicar este deporte de xeito masivo e instou á organización do Mundial a que se recuperen as probas femininas, para que homes e mulleres poidan competir en igualdade. l

A terceira proba, en marcha

Te puede interesar