José Ramón Lete presentou as xornadas de Agaxede
lll
17º-23º

José Ramón Lete presentou as xornadas de Agaxede

José Ramón Lete presentou as xornadas de Agaxede
O secretario xeral para o Deporte, JosŽ Ram—n Lete Lasa, inaugurar‡ as III Xornadas de xesti—n deportiva para pequenos e medianos municipios, organizadas pola Asociaci—n galega de xestores deportivos (AGAXEDE).

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presentou as terceiras xornadas de Xestión Deportiva para pequenos e medianos municipios de Agaxede ‘Por unha planificación da xestión deportiva municipal’ que teñen lugar na Escola Galega de Administración Pública. 

Alí, Lete salientou a importancia da planificación “para calquera administración, e atreveríame a dicir que en maior medida para as pequenas administracións”.

Calidade de vida
“É fundamental ter claramente definidos os plans e as estratexias a desenvolver en cada exercicio para poder actuar no máximo beneficio dos cidadáns e cidadás” que neste caso é “mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas a través dos seus hábitos activos e saudables”.

Na introdución que o secretario xeral fixo das xornadas destacou a planificación como un piar “imprescindible que, hoxe en día, mellórase coa transformación dixital das organizacións deportivas”. 
“Desde a Secretaría Xeral para o Deporte coadxuvamos á mellora da xestión deportiva municipal mediante a formación en técnicas e métodos de dirección e xestión”, engadiu.

Neste sentido salientou os obxectivos das xornadas centrados na “análise do Plan Estratéxico como ferramenta para mellorar a xestión dos servizos deportivos locais” e o “coñecemento de cal debe ser o contido fundamental dun programa electoral en materia deportiva municipal”.

José Ramón Lete presentou as xornadas de Agaxede

Te puede interesar