A festa da muller no fútbol
lll
17º-23º

A festa da muller no fútbol

A festa da muller no fútbol
29 diciembre 2018 Fútbol Femenino Gala El Ayuntamiento de Abegondo será el escenario de la sexta edición de la Gala do Fútbol feminino, en la que se celebra hoy y repartirá premios a las mejores de la pasada temporada

Usuario

O fútbol feminino galego vaise de festa. Despois dun ano repleto de éxitos para as mulleres futbolistas en España, hoxe tócalle celebrar ao balompé da nosa comunidade. Será na sexta edición da Gala do Fútbol Feminino Galego, que arrincará ás 20.00 horas no Centro Cultural O Salón, en Santo Tirso de Mabegondo. O acto ten entrada libre ata completar as 300 prazas do aforo.

O Concello de Abegondo recolle a testemuña de Cambados, sede da edición anterior. A Gala do Fútbol Feminino Galego é un acto social, exclusivamente dedicado ás nosas mulleres futbolistas. Organiza a Revista do Fútbol Feminino Galego, medio especializado e un dos referentes informativos da materia nos últimos anos.

O evento ten un carácter global, premiando a mulleres de todas as categorías, desde a Primeira División española  (LaLiga Iberdrola) ata a Segunda División Galega; a todos os estamentos, xogadoras, técnicos e colexiadas; e todas as épocas, o presente e o pasado, cun ‘Premio á traxectoria’ que, na edición actual recibirá por primeira vez un home.

Trátase de José Mañana Martínez, persoa fundamental na creación e desenvolvemento do Karbo coruñés, o mellor equipo galego da historia, tricampión de España entre 1983 e 1985, ademais da oficiosa de 1981, e seleccionador da selección galega, que xogou en 1975, sete anos antes de que o fútbol feminino fose oficializado en España.

Entre os trofeos de carácter global, a valencianista Mari Paz Vilas será nomeada como ‘Mellor Xogadora da temporada 2017/18’. A dianteira de Bamio foi a terceira mellor goleadora da Primeira División e única galega que xogou a pasada Eurocopa de Holanda.

As coruñesas, á cabeza
Por outro lado, o Deportivo Abanca repetirá o trofeo de ‘Mellor Equip’, logo do seu segundo lugar no grupo 1 da Segunda División e os títulos da Copa Deputación da Coruña e a Copa Federación Galega na última campaña.

Pola súa banda, o Orzán B, da Segunda División Galega, que só recebeu dous cartóns amarelos en toda a campaña, é quen se fixo acreedor ao trofeo do ‘Equipo Máis Deportivo’.

Zulema González González, da delegación de Ourense, recibirá o premio de ‘Mellor Colexiada’, ao ser a única das tres de Primeira División 2017/18 que foi promovida á internacionalidade. É a segunda vez que a ourensna gaña o trofeo.

Na Gala desvelaranse os nomes das premiadas nas categorías de ‘Mellor Promesa’, ‘Mellor Gol’, ‘Mellores Xogadoras Galegas’ de Segunda División e de Primeira División Galega e ‘Mellor Técnico’. Estes premios son resultado das votacións realizadas entre técnicos e xogadoras das dúas categorías e, no caso do Mellor Gol, dun xurado máis heteroxéneo que puideron visionar os logrados polas tres finalistas: Lore Codeseda (Atlántida Matamá), Mari Paz Vilas (Valencia) e Marta Regades (Valladares).

Cerca de trinta premios
O resto das categorías de premios, ata un número de 27, serán entregados ás mellores goleadoras e guardarredes menos batidas do grupo I de Segunda División, Ainize Barea ‘Peke’ (Deportivo) e Sara Alonso (Sárdoma), da Primeira División Galega, Bárbara Sierra (Arousana) e Jacinta Morais (Viajes Interrías), e da Segunda División Galega, Laura Rodríguez Trabazos (Racing Vilariño) e Lucía Bouzón (Arcadia), ex aequo, e Lidia Varela (Villestro).

Igualmente, as xogadoras que forman parte do ‘Once Ideal Galego de Segunda’ recibirán os premios relativos a seren as mellores nas súas posicións sobre un debuxo táctico 1-4-4-2, tamén elixidas polas propias xogadoras e os técnicos.

A festa da muller no fútbol

Te puede interesar