A galega sub-17 fica ás portas da fase final
lll
17º-23º

A galega sub-17 fica ás portas da fase final

A galega sub-17 fica  ás portas da fase final
O combinado autonómico sub-17, momentos antes dun partido nesta segunda fase. | FOTOS: FFCV

Usuario

Orgullo. É a palabra que mellor pode reflectir o que fixo a selección galega sub-17 na última xornada da segunda fase do Campionato de España. As de Quin Valbuena xogábanse a clasificación para a fase final ante a gran anfitrioa despois dun gran desgaste no partido do sábado. A que gañara, pasaba. O empate acabou condenando aos dous equipos e clasifica a Navarra para as eliminatorias polo título.

O partido tomou cor local xa no minuto 8 grazas ao tanto de Verita Rico. Malia ao golpe, as nosas non baixaron os brazos e foron arriba na procura da igualada, que chegaría no 19 da primeira metade, obra da deportivista Aroa Guerra.

Fiamma puxo de novo por diante ás valencianas xusto antes do descanso, pero Aroa devolveu as táboas tralo paso polos vestuarios. Galicia tivo o 2-3 nos últimos minutos, pero o marcador non se moveu.

Na categoría sub-15, a ‘irmandiña’ perdeu no último partido ante Valencia (2-0).

A galega sub-17 fica ás portas da fase final

Te puede interesar