Renovas unha semana despois da eliminación na fase de ascenso, ¿foi fácil tomar unha decisión?
Despois do partido do domingo o sentimento de culpa fíxome pensar en cousas negativas. Necesitaba pasar o tempo e saber se tiña a forza e a ilusión necesarias para comezar un novo proxecto. Creo que podo mellorar como adestrador e podemos mellorar ao equipo. O apoio e a confianza que a directiva depositaron en min foron claves para pensar con tranquilidade.
¿Que te convenceu para seguir no Bergantiños por unha tempada máis?
Non era cuestión de convicción, era cuestión de crer no proxecto, de recuperar a calma e a serenidade despois da eliminación do domingo. Eu o tiña moi claro e no club o saben. Se seguía en Terceira era no Bergantiños. A medida que pasaron os días falei cos xogadores, coa directiva e a familia e sentínme coa forza para devolver a confianza que me dan en Carballo.
O teu nome sonou como posible adestrador do Fabril, ¿recibiches algunha chamada do Deportivo ou doutro club?
Non vou ser eu o que fale disto. En todo momento a directiva e Chano Calvo (o presidente) estaban informados dos meus pasos. Solo podo dicir que estou no sitio onde me queren onde eu quero estar. É certo que recibín chamadas e tiña claro en que dous sitios podía terminar. Houbo xente que me nomeou e falou de min, pero ás veces hai que ser máis serios e fibrosos nestes temas.
Catro tempadas en Arteixo, camiño de tres no Bergan, ¿eres un home de proxectos a medio-largo prazo?
O máis importante para min é a ilusión por facer mellor as cousas. Tanto a directiva como o corpo técnico pensamos que podemos ser mellores neste proxecto, un proxecto consolidado para un Bergantiños que viña de moitos anos sen xogar ‘playoff’ e nos dous últimos repetimos. É certo que os ‘playoff’ foron negativos deportiva e económicamente, pero para errar hai que estar nesa loita.
¿Que aspectos ten que mellorar o equipo para dar un paso máis nesa aspiración do club de lograr o ascenso?
Creo que, a nivel estadístico, vai ser moi difícil mellorar o que fixemos este ano, eses 80 puntos. Vai ser unha liga moito máis complicada, partindo da base de que o Racing de Ferrol vai estar nela. Imos ver que pasa co Compos, co Racing Villalbés, co Boiro e o Cerceda... A liga vai ser moito máis competitiva e cando falo de mellorar no proxecto non solo son números, son unas bases, un equipo sólido para chegar con máis garantías das que tivemos nestes dous últimos ‘playoffs’.
¿Cres que vai ser complicado manter o bloque desta temporada?
Iniciamos agora un proceso complicado, de renovación e de baixas. Temos claro quen vai seguir e quen se vai marchar, pero temos un par de xogadores en dúbida dependendo de quen saia... É normal que neste momento haxa xogadores do Bergantiños apetecibles para outros clubes, pero eu espero que, como eu fixen, valoren o trato recibido dunha directiva que cumple cada mes cun traballo moi serio. Carballo é unha das prazas de referencia na Terceira galega, os xogadores queren continuar e outros queren vir.
¿Xa tes un número de altas ou de baixas?
Puxen enriba da mesa varias cousas e teño todo bastante claro, pero todavía teño que reunirme coa directiva para comunicarlles que xogadores van causar baixa e primeiro teño que falar con eles.
¿Que características ou perfiles de xogadores che interesan para mellorar ao equipo?
Aínda é cedo, pero dependerá, como digo, das baixas. Principalmente queremos un perfil de xogador de equipo. En Carballo o apartado colectivo e grupal está por riba das individualidades.
¿O grupo e o sentimento de club forman parte da identidade propia do Bergantiños?
Si, o Bergantiños é como unha familia. É un club organizado, que traballa con seriedade, sempre vai de cara e non vive por riba das súas posibilidades. Está moi ben estructurado desde a base e no primeiro equipo hai unha idea clara.
Os problemas económicos e de impagos son demasiado habituais na Terceira.
Desgraciadamente si. Os excesos se páganse caros e hai algúns clubes que non son serios á hora de facer un proxecto. Os proxectos hai que facelos en base a uns cimentos sólidos, con claridade e non depender de subvencións ou axudas que poidan entrar durante o tempada. Por iso digo que o Bergantiños cumpre sempre. Este fin de semana pecha a temporada, queda ao día cos seus xogadores. Os equipos que non o cumpran terán que pagalo deportivamente porque fan dano ao resto da Terceira.
Falabas da base, ¿é complicado para os canteiráns atopar un oco nun primeiro equipo cun obxectivo tan ambicioso?
Hai xogadores importantes e nestas dúas tempadas debutaron bastantes chavales conmigo. O principal é que eles teñan ganas. Saben que conto con eles para adestrar e competir cando fai falla, pero é certo que non regalo nada. Teñen que gañalo.