Os mellores do mundo estarán en Outeiro de Rei
lll
17º-23º

Os mellores do mundo estarán en Outeiro de Rei

Os mellores do mundo estarán en Outeiro de Rei
deporte campeón-2019-07-04-027-b8d4dd4c

Usuario

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, participou na presentación do Outeiro de Rei Challenger, evento do calendario do World Padel Tour. que chegará á localidade lucense do 9 ao 15 de setembro.

Nas súas verbas, o titular de Deportes da Xunta de Galicia destacou que a aposta polo pádel é “unha aposta segura” xa que en Galicia, hoxe, a Federación Galega de Pádel conta cun 343% máis de licenzas que hai dez anos, chegando ata as 6.562. Do mesmo xeito tamén salientou a elevada presenza feminina nestas licenzas que representa un 39% do total.

A Xunta patrocina o Outeiro de Rei Challenger cunha achega de 10.000 euros. No evento participarán unhas cen parellas masculinas situadas no ránking mundial desde a oitava parella en adiante e haberá, aproximadamente, uns 40 xogadores galegos, o 20% do total dos inscritos.

O secretario xeral suliñou que “ademais das mellores parellas masculinas, o ano que vén, contaremos coas mellores parellas femininas porque a Xunta aposta polo deporte para todos e para todas, plural, sen xénero nin idade”.

 

Cuarta en Galicia

O máximo mandatario do deporte na nosa Comunidade destacou a celebración desta proba do “mellor circuíto de pádel do mundo” en Galicia por quinta vez (xa se organizaron eventos do calendario do World Padel Tour en Vigo, A Coruña e Lugo) como un “fito histórico” que achegará ao campionato preto dunhas 20.000 persoas durante toda a semana que durará a competición. Ademais do patrocino deste grande evento, a Xunta destina neste 2019 un 9% máis ao convenio coa Federación Galega de Pádel chegando aos 37.461 euros.

Os mellores do mundo estarán en Outeiro de Rei

Te puede interesar