Celebrouse o día de fin de ano, no recinto feiral de Paiosaco, a quinta edición do Aberto de Billarda de Fin de Ano, en un campo especial, ao constar dun campo de asfalto e outro de adoquín, organizado polo equipo anfitrión, o Campo da Feira Paiosaco.
Palanadores chegados de tres das catro provincias disputaron una xornada deportiva cun tempo moito máis que agradable para estas datas. Ca boa nova, como sempre neste torneo, do debut de seis palanadores, e da moita afluencia de xente, que mesmo provocu retencións na estrada.
O Aberto comenzou con un pouco de retraso pola petición da organización de certificados de vacinación e mascariñas. A seguridade sanitaria estivo por enriba da festa deportiva, na que houbo agasallos para todos os participantes infantís.
Mercedes (Campo da Feira Paiosaco) e Lito (APB A Laracha) gañaron nas categorías absolutas, por diante de Marisa (Lúa de Forza Sanxenxo) e Miranda (Filloas de sangue A Coruña). En infantís impúxose Abel (Campo de Feira), seguido dun compañeiro de equipo, Lucas, e de Guillermo (Filloas de Sangue).