As Brigantias da Coruña proclamáronse campionas da Liga Galega na final disputada no pavillón polideportivo de Candeán en Vigo.
O equipo herculino impúxose por un claro 118-67 ao olívico Sereas Bravas, namentres o encontro polo terceiro e cuarto posto o Negra Sombra pontevedrés superou ao Jabatas de Ourense.