Saúl López gaña en Sanxenxo e despraza do liderato a Daniel López
lll
17º-23º

Saúl López gaña en Sanxenxo e despraza do liderato a Daniel López

Saúl López gaña en Sanxenxo e despraza do liderato a Daniel López
Desta volta o representante do CC Cambre tivo que conformarse co segundo caixón do podio | fgc

Usuario

O cicloccross Con da Romaíña estreouse no calendario da Copa Galicia e fíxoo con senllas exhibicións dos gañadores nas carreiras élite e sub-23. Irene Trabazo (XSM) e Saúl López (Academia Postal-Maceda) venceron con comodidade na segunda proba do certame autonómico.

A xornada comezou cos triunfos de María Filgueiras (Caimanes Betanzos) e André Martínez (Avanza) nas carreiras cadetes. A continuación, os veteráns acapararon o protagonismo con triunfos de Eva Ortega (Biciosos-Rías Baixas) e Rubén Deaño (Ourense Termal) en máster-30, Natalia Raña (Corbelo) e Marcos Mayo (BTT O Treito) en máster-40, Manuel Castro (Barbanzabike) nos máster-50 e Constante Lestido (O Trisquel) nos máster-60.

Na última quenda de saídas entraron en acción os élite e sub-23 e juniors de ambos sexos. Saúl López e Daniel López rodaron xuntos na carreira raíña masculina ata que na terceira das sete voltas o segundo clasificado da xeral deixou atrás ao líder. O representante do Maceda cruzou a liña de meta cun minuto e 33 segundos de vantaxe sobre o coruñés do Cambre. Os dous igualan a puntos na xeral.

A terceira posición elite correspondeu a Jorge Punzón (Cosmos), que superou ao esprint ao tamén porriñés Luis Fernández (Avanza). Coa vitoria sub-23 fíxose David Fernández (Avanza), sexto na clasificación absoluta. Entre os juniors impúxose Ricardo Buba (Coruxo).

 

Trabazo, imperial

Lucindo a camisola de líder da Copa, Irene Trabazo non deu opción ao resto de mulleres. A élite do XSM rematou a primeira das cinco voltas distanciándose nun minuto da sub-23 Carla Fernández (Río Miera), que pouco despois tivo que abandonar. A gañadora como anfitrioa na primeira proba en Marín, estivo nesta ocasión escoltada no podio por María Jesús Barros (Spol) e Xiana Conde (Academia Postal-Maceda), segunda e terceira respectivamente. Sofía Álvarez (Cambre) anotouse o triunfo nas juniors.

Os puntos que se repartiron en Sanxenxo provocaron cinco cambios de líderes nos rankings da Copa. Ademais do elite Saúl López, Ricardo Buba e Sofía Álvarez encabezan agora as táboas juniors, Eva Ortega a máster-30 e Marcos Mayo a máster-40. No resto de categorías continúan mandando Uxía Soto (Avanza) e André Martínez en cadetes, Carla Fernández e David Fernández en sub23, Irene Trabazo nas elites, Rubén Deaño nos máster-30, Sonia Costoya (Corbelo) nas máster-40, José María Magariños (Condado Bike) nos máster-50 e Constante Lestido nos máster-60.

A seguinte proba da Copa Galicia terá lugar en Santiago o martes 8.

Saúl López gaña en Sanxenxo e despraza do liderato a Daniel López

Te puede interesar