A Deputación inviste 200.000 euros en Elviña
lll
17º-23º

A Deputación inviste 200.000 euros en Elviña

A Deputación inviste 200.000 euros en Elviña
23 octubre 2016 página 5 a coruña.- usuarios de la pista de elviña urgen su reparación ante la falta de respuesta del ayuntamiento la pista de atletismo del campos de elviña está pendiente de ser reparada

Usuario

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, asinaron un convenio para o financiamento das obras de renovación da pista de atletismo e o complexo deportivo do Campus de Elviña.

A institución provincial destinará 200.000 euros, o cal supón preto do 42% do custo total das obras, co obxectivo garantir as condicións de seguridade e comodidade necesarias para o seu uso en adestramentos e eventos deportivos vinculados a distintas disciplinas relacionadas co atletismo, coma carreiras, salto de altura, con pértega ou de lonxitude.

Formoso e Abalde coincidiron en destacar a "necesidade" deste investimento para mellorar unha infraestutura deportiva que actualmente conta cun visible desgaste e subliñaron que da súa mellora se beneficiarán "tantos os universitarios como as entidades deportivas coruñesas".

As obras, que se realizarán durante o verán, consistirán na renovación dos firmes da pista de atletismo en todo o anel, cunha técnica denominada 'retoping'. Este proceso inclúe o pulido e a descontaminación de toda a superficie. Posteriormente, aplicaranse resinas de poliuretano para reparar as zonas deterioradas e lixarase de novo a superficie.

En paralelo, construirase un novo acceso ao complexo deportivo do Campus, situado baixo as gradas das pistas. Na actualidade, só existe unha entrada a través do peche perimetral do recinto. O novo acceso será unha escaleira na fachada suroeste, cuberta cunha pérgola, e dotada de acristalamento perimetral. Ademáis, eliminaránse as barreiras arquitectónicas, favorecendo o acceso a usuarios con mobilidade reducida.

A Deputación inviste 200.000 euros en Elviña

Te puede interesar