Abanca convértese no principal patrocinador da proba ferrolana
lll
17º-23º

Abanca convértese no principal patrocinador da proba ferrolana

Abanca convértese no principal patrocinador da proba ferrolana
01 septiembre 2016 Surf Pantín Classic En la foto la australina Philippa Anderson

Usuario

Abanca prestará o seu nome, durante as próximas tres edicións, ao Galicia Classic Surf Pro, tradicional e prestixiosa proba que ten como escenario a praia ferrolana de Pantín, xusto cando dá un salto de categoría histórico.

A entidade bancaria impulsará actividades durante a celebración do evento, potenciará a promoción da proba en toda Galicia e ofrecerá descontos entre os clientes asistentes.

O antigamente coñecido como Pantín Classic celebrarase este ano do 28 de agosto ao 7 de setembro. Con este acordo, Abanca e os organizadores da proba dan un novo impulso a unha historia de colaboración que cumpre sete anos.

Esta nova mostra máis do apoio da entidade bancaria á proba deportiva coincide cun importante fito para o Galicia Classic Surf Pro, que medra de categoría. Por primeira vez en Europa, realizarase un dobre QS 10.000 en categoría masculina e feminina. A competición consolídase  así como unha das máis relevantes do mundo e comparte categoría con outras probas históricas.

Máis de 350 surfistas
A edición 2019 reunirá a máis de 350 deportistas de 31 nacionalidades, entre os que se atopan algúns dos mellores surfistas do mundo. Tamén está prevista a chegada de milleiros de asistentes, que gozarán durante once días dun dos eventos deportivos máis relevantes que se celebran na nosa Comunidade.

Pero o apoio de Abanca a esta proba transcende o patrocinio e tradúcese tamén nun completo programa de actividades, accións comerciais e descontos. Como en edicións anteriores, o banco trasladará a súa oficina móbil á praia de Pantín, para poder realizar calquera operación.

Como novidade, aqueles asistentes que dispoñan ou se descarguen a aplicación Alavuelta poderán gozar de promocións nos stands presentes no Abanca Galicia Classic Surf Pro. Ademais, os clientes do banco tamén se poderán beneficiar de descontos nas compras que realicen no resto de tendas do evento se pagan coa súa tarxeta NX.

Terá tamén unha presenza destacada a Escola de Surf de Abanca, que servirá para promover a práctica deste deporte entre os máis novos. Por último, o banco despregará nas súas oficinas e canais a distancia unha campaña de promoción desta prestixiosa competición de surf.

Abanca convértese no principal patrocinador da proba ferrolana

Te puede interesar