​Andrés ‘Andrew’ Romero: “A afección do Depor é unha pasada; o que poida que nos empate...”
lll
17º-23º

​Andrés ‘Andrew’ Romero: “A afección do Depor é unha pasada; o que poida que nos empate...”

De esquerda a dereita os directivos da peña, Álex, Jaki, Moreno e Andrés | aec

Usuario

Presidente da Peña Deportivista ‘Arousa North’ de A Pobra do Caramiñal 


No corazón da bisbarra de O Barbanza viu a luz esta tempada unha peña deportivista nada en tempos de crise, a ‘Arousa North’; integrada por máis de 70 incondicionais branquiazuis, o seu presidente Andrés ‘Andrew’ Romero asegura que darán o mellor de si mesmos na vindeira promoción de ascenso.


Como xurdiu a idea de formar unha nova peña na Pobra do Caramiñal?

Pois a idea xa ven de anos atrás pero ninguén daba o paso definitivo e eu, como deportivista, dixen que tiña que ser este ano a calquera prezo. Xunteime con catro ou cinco directivos máis e levamos adiante o proxecto rápido, en tempo récord.


Foi duro elexir unha campaña en Primeira RFEF para comezar a andar como agrupación?

Pois para nós non demasiado; ou sexa, non é a competición soñada pero onde estea o Depor aí estaremos nós, coma sempre.


A Primeira RFEF non é a competición soñada pero onde estea o Depor aí estaremos nós


Cantos socios sodes no grupo nestes intres?

Agora mesmo somos setenta, estamos nun grupo de whatsapp e estamos pensando en comezar a recaudar as cuotas o ano vindeiro curso 22-23. Todo o papeleo está tramitado xa.


Onde tedes a sede social?

No bar London, estamos moi a gusto, vemos os partidos alí cando non se pode ir a Riazor.


Tedes que aturar moito pique de celtistas na Pobra?

Non, temos a sorte de que a inmensa maioría é o do Depor.


Tedes previsto ir ao ‘playoff’...

Si, polo menos trinta de nós estaremos alí; vamos coa máxima esperanza a esta fase, todo ou nada e esperamos ascender. Se non voltaremos ao barro. Na final seremos máis aínda.


Que tal vos levades con outras peñas e coa Federación?

Fenomenal, temos unha grande relación con peñas de toda a vida e tamén coa Federación. Eu levo indo a Riazor desde o debut de Toshack e non fallei dende entón.


Cal é o segredo dunha afección con máis de 20.000 socios na Primeira RFEF?

O número de socios é unha pasada; a xente que move o Deportivo, o que poida que empate... Nós temos uns dez abonados pero o ano que ven esperamos sacar moitos máis carnés da peña.

​Andrés ‘Andrew’ Romero: “A afección do Depor é unha pasada; o que poida que nos empate...”

Te puede interesar