O deporte urbano e feminino triunfa na última xornada
lll
17º-23º

O deporte urbano e feminino triunfa na última xornada

Imaxe da competición celebrada a pasada fin de semana en Vigo | Deporte Galego

Usuario

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na entrega de premios da última xornada da Liga Xunta de Galicia de Breaking tras levar as súas dez edicións por toda Galicia e contar cun total de 62 participantes.

Na categoría avanzada, o primeiro clasificado foi Artur Lago, de 26 anos e natural de Santiago de Compostela, mentres que o segundo clasificado foi, David Amor de Neda, con 15 anos. Na categoría de iniciación Alicia Babarro ‘MiniAli’ (Ourense) acadou a vitoria con once anos e Pau Costas (Vigo) foi segunda con 14.

Na clasificación xeral da categoría avanzada da Liga Xunta de Galicia de Breaking, Artur foi o campión, seguido por Sergio Perol ‘Serlli’ (28 anos) e o propio David Amor. Na categoría de iniciación, MiniAli foi a campioa sen perder unha sola batalla, seguida por Pau Costas e Ismael Borrallo ‘Wofly’ (14 anos). Ademais da xuventude destes rapaces e rapazas, cómpre destacar que, o 57% das participantes da categoría de iniciación foron mulleres.

No que atinxe ao ‘Break Storming-Trofeo Xacobeo 21-22’, puntuable para o ranking nacional, na categoría pro masculina (+18 anos) Moldeivor (Málaga) quedou no primeiro lugar seguido de Lil Rays (O Carballiño) e Artur.

Na categoría pro feminina (+14 anos), Lola The Warrior Princess (Madrid) foi a vencedora seguida de Kunoichi (Elche) e Xayna (Verín).

Na categoría júnior masculina (+14 anos), Amor (Neda) foi o gañador por diante de Lukas (Madrid) e Neko (Barcelona).

E, por último, na categoría Kids Mixta (-14 anos) Samuelf (Málaga) acadou o triunfo sobre MiniAli (Ourense) e Samu (Madrid).

Ambos eventos foron patrocinados integramente pola Xunta a través da Secretaría Xeral para o Deporte e no caso da Liga tamén pola Dirección Xeral de Xuventude. Os dous eventos estiveron producidos por Vella Escola contando coa colaboración do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo, da FEBD e do CD da Rúa.

Lete Lasa destacou a importancia dunha disciplina como o breaking, que xa foi recoñecida como especialidade deportiva en Galicia, e que será olímpica en París 2024

O deporte urbano e feminino triunfa na última xornada

Te puede interesar