Abre o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de Fene
lll
17º-23º

Abre o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de Fene

Abre o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de Fene
Kayak

Usuario

CampamentoludicoAtletismo, fútbol sala, ximnasia artística e trampolín, kayak, tenis e ximnasia de verán. Son algunhas das actividades que o Concello de Fene anuncia para as vindeiras semanas, no marco da súa programación deportiva de verán 2017 (para visualizalas pincha aquí). As actividades desenvolveranse en distintas instalacións municipais, sociedades e espazos naturais do Concello de Fene durante os meses de xullo e agosto. As persoas que queiran anotarse nos campus deportivos e cursiños de verán municipais poderán facelo a partir do vindeiro luns, 19 de xuño, no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Fene. Horario: de 8.30 a 14.00 horas.

Un ano máis, os veciños/as de Fene e comarca poderán desfrutar dun sinfín de actividades deportivas ao aire libre durante a celebración do Día do Deporte na Rúa que terá lugar o domingo 2 de xullo na avenida do Tarrío, rúa San Salvador e arredores do Ceip Centieiras, colexio Jorge Juan e Círculo de Perlío. Comezará ás 10.30 horas e durante tres horas e media (até as 14.00 horas), todas as persoas que o desexen poderán participar en calquera das actividades propostas: rugbi, jugger, fútbol, slakline, zumba, inchables, circuito de karts a pedal, patinaxe, deportes de raqueta, pintadas, \“decora a túa camiseta\”, atletismo divertido, tiro con arco, etc. Ademais, por participar nun mínimo de 3 actividades, os/as participantes recibirán unha camiseta conmemorativa da xornada.

2 DE XULLO
DÍA DO DEPORTE NA RÚA

O Día do Deporte na Rúa, que chega este ano á súa 25ª edición no Concello de Fene, mestura deporte e lecer co obxectivo de animar á veciñanza a desfrutar do deporte en familia. Colaboran co Concello de Fene nesta actividade: o colexio Jorge Juan, o CCRD de Perlío e Amigos da Chave de Ferrolterra.

Deportenarua

Abre o prazo para inscribirse nas actividades deportivas de Fene

Te puede interesar