Míguez felicita aos combinados galegos de baloncesto e balonmán
lll
17º-23º

Míguez felicita aos combinados galegos de baloncesto e balonmán

Míguez felicita aos combinados galegos de baloncesto e balonmán
Selección gallega infantil femenina

Usuario

As seleccións galegas de baloncesto e balonmán nas categorías infantil e cadete realizaron un gran papel nos Campionatos de España en idade escolar por seleccións territoriais convocados anualmente polo Consello Superior de Deportes. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle felicitou aos diferentes equipos que competiron durante estes días e destacou o seu "esforzo e traballo para acadar uns resultados dos que todos os galegos estamos orgullosos".

O campionato de España de baloncesto tivo lugar en Huelva do 3 ao 7 de xaneiro de 2017. A delegación galega, formada por un total de 71 participantes, acadou un quinto posto no grupo especial da categoría infantil feminina, un sexto posto no grupo especial da categoría infantil masculina, un sétimo posto no grupo especial da categoría cadete feminina e un quinto posto no grupo preferente da categoría cadete masculina.

O campionato de España de balonmán tivo lugar en Blanes e Lloret de Mar, na provincia de Xirona do 2 ao 7 de xaneiro deste mesmo ano.

A delegación galega, formada por 82 participantes entre deportistas e equipo técnico, acadou un bronce na categoría infantil feminina, un quinto posto na categoría infantil masculina, un sexto posto na categoría cadete masculina e un cuarto posto na categoría cadete feminina.

VIAXARON. As citas tiveron lugar lonxe da comunidade, en Andalucía e Cataluña

Neste ano 2017, ademais dos campionatos de balonmán (infantil e cadete) e baloncesto (infantil e cadete), están convocados os de natación (infantil e adaptado), campo a través (cadete, xuvenil e adaptado), voleibol (infantil e cadete), tenis de mesa (infantil e cadete), ximnasia rítmica (cadete), judo (infantil, cadete e adaptado), orientación (infantil e cadete), atletismo (cadete), bádminton (infantil e cadete), xadrez (infantil), tríatlon (cadete), volei praia (cadete), ciclismo en ruta (infantil,cadete e adaptado) e BTT (cadete).

Por primeira vez, aparecen tres novas modalidades que serán loitas olímpicas, escalada e rugby a 7.

A Secretaría Xeral para o Deporte espera que os mozos galegos sigan acadando éxitos e deixando en moi bo lugar á bandeira da comunidade.

Míguez felicita aos combinados galegos de baloncesto e balonmán

Te puede interesar