Fernando Vázquez: “Para o ano, estaremos na situación do Zaragoza”
lll
17º-23º

Fernando Vázquez: “Para o ano, estaremos na situación do Zaragoza”

Fernando Vázquez: “Para o ano, estaremos na situación do Zaragoza”
11 marzo 2020 Entrevista en el dxt campeón al entrenador del Deportivo, Fernando Vázquez

Usuario

Na segunda entrega da entrevista a Fernando Vázquez, o técnico fala de presente, pero tamén de futuro. O míster branquiazul ten tan claro que esta tempada o obxectivo é a permanencia no fútbol profesional como que a próxima será loitar como candidato firme ao ascenso a Primeira División, unha meta que alcanzou como técnico deportivista na tempada 2013-14.

Agora considero que estamos a ser estables, poderían dicir a miña aliñación

¿Tes medo de que este pequeno golpe ante o Almería e os tres anteriores faga que a xente pense que terminou o ‘efecto Vázquez’?

Non lle vou a dicir á xente o que ten que pensar. Só lle vou dicir que miren o equipo, que miren o porqué e que entendan a miña explicación: o de Almería foi un accidente, un partido no que non estivemos ben. Os resultados sempre son  criticables, evidentemente, pero de cando en vez non vale só co resultado, hai que analizar o porqué, o como. Quizais o extraordinario foi o que veu un pouco antes. É posible que o cincuenta por cento aleatorio que hai no fútbol nos favorecese. Tento controlar o outro cincuenta por cento, que é onde me teño que concentrar. Pero se o cincuenta por cento aleatorio non é favorable, poden pasarche cousas.  Sinceramente, creo que estamos en boa liña, non creo que esteamos peor. Agora, podemos equivocarnos un pouco, porque estamos sempre falando de como imos evolucionar. Eu chego aquí e expoño unha situación que era facer unha cousa ben, referíame a que facer unha cousa ben é máis fácil que facer catro ben ao mesmo tempo e entón concentrámonos en defender correctamente de inicio e o equipo saía ao ataque cando podía. Posteriormente, o equipo empezou a gañar, viñeron xogadores novos e entón eu sempre digo e admito que os rivais igual colleron o truquillo de obrigarnos a atacar, que domine o  Depor, cousa que eu non pretendo. Iso fixémolo en Zaragoza, onde o equipo evolucionou no aspecto ofensivo, eramos capaces de ter a pelota, pero o que temos que facer é pasar de facer unha cousa ben, que o demostramos e, se hai que evolucionar, toca facer dous ben e tres ben. Por iso moléstame o de Almería, porque fallamos no que estabamos a facer ben. Teremos que corrixir o que fixemos mal en Almería. Os goles son agasallos.

O que non defende ben é vulnerable, non o deberiamos perder nin dominando

 

De feito, Dani Giménez falaba de volver á esencia que se perdeu, a de defender.

É que iso nunca o deberiamos perder, nin dominando. O equipo que non defende ben é vulnerable.

 

Esta sendo unha tempada estraña en resultados: 19 partidos sen gañar; sete gañando; agora, catro sen gañar. Que lle falta ao equipo para ser máis regular?

É unha pregunta complicada. Que falta? Considero que o equipo non estaba ben estruturado de inicio. A clave é que teñas un equipo equilibrado e ben estruturado. Son moitos factores. Se miras para arriba, á dirección, afección, unión... son factores que parece que non contan, pero teñen importancia. O fútbol non é só o terreo de xogo. Hai factores estruturais importantes. O equipo estaba ben construído? Non. Desde o meu punto de vista. Pero ás veces non che saen os equipos como queres. Non estou a criticar ao director  deportivo, que o ano anterior fixo un equipazo. Considero que había moitísima xente na estrutura central e pouca nas laterais. Os puntas ás veces tiñan que xogar de bandas. O equipo tiña sete xogadores capaces de xogar de centrais. Que iso xustifique os refachos? Non. Cando ti non es estable, non é fácil de explicar. Agora considero que estamos a ser estables, levamos seis vitorias, dous empates e dúas derrotas. Temos certo rigor. A xente podería dicir perfectamente a miña aliñación. E ten a idea clara porque o explico, porque me gusta que a xente cando vaia ao campo saiba o porqué.

O equipo estaba ben construído? Non, pero non estou a criticar a Carmelo

Cando falas da afección, moitas veces véseche pedindo máis que paciencia, que entendan a situación. É así?

Á afección do Deportivo, en primeiro lugar, quérolle facer entender que se queremos ser grandes hai que estar. Iso é o primeiro, a presenza. O Deportivo non depende do adestrador para ser grande, nin do resultado. Somos 30.000 no campo? Somos un equipo incrible. A partir de aí, quero que me apoie e me entenda. Como entendía o Bernabéu a  Mourinho indo contra a cultura do Madrid? Aquí enténdeno, porque mo din. A pesar de  replegar, saio do partido do Girona e dinme que foi un partidazo. Os partidos duran 90 minutos e dependen tamén das expectativas, porque o Girona é un Ferrari. Ás veces o resultado mata todo. Contra o Lugo non tivemos ocasións claras, pero o Lugo miraba para nós. Ao Girona matámoslle con dous ou tres contraataques. Recoméndovos ver o partido Huesca-Lugo, o Lugo, unha puta máquina. Nós controlamos ese partido con eles coa pelota. Tes que pasar de facer unha cousa ben a tres: defender, atacar, evitar que che contraataquen, transitar rápido... O fútbol complícase. En Almería, con 2-0, tes que ir arriba. Como? Roubando a pelota antes.

 

A Montero estás a defenderlle toda a tempada. Crees que pode chegar un momento en que se veña abaixo polos erros que comete?

Eu non o defendo persoalmente. É o meu central estou a xogar con tres e gústame un zurdo. Critico a Montero persoalmente. Que ten que mellorar? Por suposto. Ten humildade para aprender. El ten que entender que a crítica serve para mellorar.

O Deportivo non depende do adestrador para ser grande, nin do resultado

Foi o primeiro que falou de  playoff.

Que falen do que queiran, iso non o podo controlar. Pero era estar un pouco fóra de lugar.

 

O que pasa é que ante oGirona poste 2-0 e estás a un partido do playoff.

Bueno, é igual. Eu seguiría cos meus números aínda que gañase. Unha vez que chegase a 51 puntos diría:  OK, reto aceptado.

 

O Zaragoza, que pasou problemas e este ano está a loitar por ascender, é un espello?

Non teño dúbida de que para o ano estaremos na situación do Zaragoza. É un obxectivo. Hai que ser máis regulares. A regularidade é o que marca a Segunda División. Vas a fóra e non perdes e en casa tentas gañar. Regularidade. Eu tamén o pasei mal o ano que ascendín co Deportivo, houbo momentos malos. Todo depende das expectativas que che marcas. A xente ás veces un pouco esquécese. A min aquel ano dicíame a xente que por favor non baixemos a Segunda B. Para triunfar na vida tes que ser humilde e aceptar que calquera che pode gañar, que a historia non di nada, que é partido a partido. A humildade é clave para poder triunfar. Na vida persoal e na competitiva.

Falaches de ascender o ano que vén e mesmo deixalo en Europa.

Eu quero ser como Arsenio (risas).

Fernando Vázquez: “Para o ano, estaremos na situación do Zaragoza”

Te puede interesar