As Fillas de Breogán acadan unha nova vitoria
lll
17º-23º

As Fillas de Breogán acadan unha nova vitoria

As Fillas de Breogán acadan unha nova vitoria
As herculinas seguen sendo un equipo moi sólidos, como en temporadas anteriores | AEC

Usuario

A reanudación da Liga Galega trouxo unha nova e traballada victoria para as Fillas de Breogán. As de Iago Pedreira souberon enfundarse o mono de traballo e sacar adiante un encontro que só se podía gañar tirando máis que nunca do colectivo.

A falta de cambios e a puxanza e boas maneiras que apunta o equipo local, faría que o plantexamento do encontro trocase con respecto ó habitual.

Con esa idea saltaron ó verde da cidade das burgas e dende os primeiros intres o traballo defensivo e o habitual xogo combinativo de Fillas comenzou a funcionar. Aínda con esas, non é este Auriense un equipo que lle perda a cara ó encontro en ningún momento e soubo aguantar o arreón inicial das branquiazúis, polo que cumprido case un cuarto do partido o resultado era de 3-6.

Nese momento Fillas optou por meter unha marcha máis ó encontro e chegaron transicións moito máis veloces que farían que se chegase ó descanso cun marcador de 6-18 a prol das xogadoras coruñesas.

Tras un merecido descanso comenzou a segunda metade con idénticas sensacións para ambos equipos. Fillas continuaba cun plantexamento defensivo que afogaba os ataques locais. A maraña de Fillas provocaba que as opcións das de Auriense se resumisen en tiros a paos dende longa distancia. Mentres tanto, en ataque Fillas contemporizaba e marcaba o ritmo de xogo que máis lle interesaba, sen entrar en precipitacións e moi acertadas de cara a paos.

Deste xeito chegaríase á final do encontro con un resultado de 1-10 / 4-19 (13-31) a favor das breoganeiras, que deste xeito e á espera do vindeiro compromiso na cidade do río Lérez, comparten primeiro posto con outras das grandes candidatas ó título de liga: as rapazas do Pontevedra FG.

As Fillas de Breogán acadan unha nova vitoria

Te puede interesar