Os seleccionadores galegos, nunha xornada de traballo na RFEF
lll
17º-23º

Os seleccionadores galegos, nunha xornada de traballo na RFEF

Os seleccionadores galegos,  nunha xornada de traballo na RFEF
17 diciembre 2018 Fútbol femenino Campeonato de España de Selecciones Autonómicas Selección gallega sub-15 y sub-17 Galicia - Castilla León

Usuario

Quin Valbuena, máximo responsable do equipo sub-17, Susú Cores, adestradora debutante no combinado sub-15, e Vicky Vázquez, preparadora da selección sub-12, participaron na xornada acompañados polo director deportivo da Federación, Manu Fernández.

Os asistentes foron recibidos polo presidente do Comité Nacional de Fútbol Feminino e vicepresidente da Real Federación Española de Fútbol, Rafael del Amo.

O seleccionador nacional e director técnico das seleccións femininas, Jorge Vilda, comezou a quenda de ponencias desgranando as claves do éxito do fútbol feminino español e presentou en profundidade a todos os membros do seu equipo: Pedro López, técnico da sub-20 e  sub-19, Toña Is,  seleccionadora sub-17 e sub-16, e Montse Tomé, Kenio Gonzalo, Javier Velázquez, Javier Egido, Carlos Sánchez, Javier López Vallejo e Rubén Jiménez, membros dos corpos técnicos das seleccións.

Os adestradores galegos acadaron novas experiencias e compartiron vivencias cos seus compañeiros das diferentes federacións territorais solo unha semana despois do gran éxito que lograron os combinados galegos na primeira fase do Campionato de España. Cabe lembrar que a sub-15 e a sub-17 obtiveron por vez primeira na historia do torneo un pleno de dúas vitorias.

Os seleccionadores galegos, nunha xornada de traballo na RFEF

Te puede interesar